Mostrando entradas con la etiqueta MatematicaMente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MatematicaMente. Mostrar todas las entradas

10/1/24

AS MATES NA COCIÑA

 Á volta do Nadal, o alumnado de 5º volveu das vacacións cunha fame no cerebro por tanta lambetada das festas que a titora decidiu sacar proveito da situación.  

Que mellor lugar para fartar a fame que a cociña e ao mesmo tempo, que casualidade que a mellor maneira de aprender matemáticas sexa tamén na cociña. Pois alá foron! 

Mirade todo o que elaboraron e comeron!



11/6/15

FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

As imaxes tamén son un medio de expresión e de comunicación, así o comprobamos nesta actividade en que observamos, fotografiamos e interpretamos. Participamos por segunda vez no Concurso de Fotografía Matemática do IES de Salvaterra de Miño e foi unha actividade que nos encantou, sobre todo este curso en que estivemos cambiando a nosa mirada cara as matemáticas, para velas tal como son, próximas e cotiás.

                         
                     FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA from Biblioteca Escolar Leirado

Para completar a experiencia, o profesorado do Departamento de Matemáticas do IES tivo a amabilidade de compartir connosco parte do seu saber. Andrés e Aurelio presentáronnos "Un día sen matemáticas", un percorrido polas actividades que facemos día a día e nas que están presentes as matemáticas. Sandra mostrounos como podemos aprender matemáticas facendo papiroflexia.  Ademais comunicáronnos que a gañadora do concurso era do noso cole!, Sarai de 6º, con esta fotografía:

Moitas grazas pola visita!!

4/5/15

LECTURAS CON MATEMÁTICAS

Ler é interpretar o contido de calquera texto, e entender matemáticas tamén implica lectura e interpretación. A partir das lecturas realizadas nas aulas resolvemos algún problema matemático, cadaquén no seu nivel. 



                                         Ver fichas

Especialmente divertidos son os problemas de "El ogro feroz", nos que a lectura atenta é fundamental:










30/4/15

CUENTOS DEL CERO

Hora de ler coas familias en 5º e 6º, hoxe con Azucena, mamá de Carla. 
O texto foi o relato final de "Cuentos del cero", de Luis Balbuena: De lo que aconteció a Don Quijote con el joven Gondomar y su justicia numéricamente correcta, baseado nun clásico problema de reparto xusto e porcentaxes.

En palabras do autor:
" Que vuelen lejos y altas las perdices si todo este derroche de imaginación sirve para que un estudiante se acerque a las matemáticas sin infundada aprensión, condición imprescindible para que pueda tener éxito en su aprendizaje."



Un pracer, coma sempre!

23/3/15

A SELVA DOS NÚMEROS

Flor, a mamá de Lucy e Saray, escolleu para o alumnado de 3º e 4º "A selva dos números", de Ricardo Gómez, un exemplar que temos asinado polo autor.

 Como é moi longo, Flor leunos os tres primeiros capítulos, agora nós teremos que ler se queremos saber como sigue.

Polo de agora Tuga, unha tartaruga moi sabia, tenta poñer orde nas cousas da selva ensinándolles a utilidade dos números aos demais animais.


" Se por exemplo tes DEZ plátanos, segundo comes UN a UN dis: DEZ, NOVE, OITO... Se paras, o seguinte di os plátanos que che quedan."



Despois de escoitar a lectura recitamos con  Flor unha canción que está no libro.
Un, dous, tres,
temos o rítmo nos pés.
Catro,cinco, seis,
marchamos con gracia, non ves?
Sete, oito, nove,
bailamos como o Vello se move.
Ao final da lista está o dez
e podemos contar ao revés.
Nove, oito, sete,
cantamos ao sol que se mete,
seis, cinco, catro,
o que non se mova é un pato,
Tres, dous, un,
parado non queda ningún.

Gracias Flor por acompañarnos hoxe no noso tempo de lectura!

18/3/15

CREA POEMAS VISUAIS

Polo Día Mundial da Poesía convidámosvos a realizar POESÍA VISUAL, con vocabulario matemático. Para esta tarefa propoñemos dúas ferramentas en liña:
Imagechef, un exemplo:


 Ou o xerador de nubes de palabras Wordle:


Utiliza palabras e conceptos dos que coñeces ou tamén podes consultar este dicionario de matemáticas.

9/3/15

AQUILES O PUNTIÑO

Hora de ler en Educación Infantil co papá de André: Aquiles o puntiño


Unha invitación a crear, comezando nun punto, algo grande e importante, experimentando coas liñas e as formas, é a aposta deste álbum ilustrado por Mark Taeger e texto de Guia Risari. Que aproveite!


Encantad@s con esta nova visita!

UNIVERSO PITÁGORAS

Hora de ler en 5º e 6º con Elena, a mamá de Lucía, que nos presentou "Universo Pitágoras" de Rocío Leira Castro, lendo para nós os primeiros capítulos. Bueno, o primeiro e algún máis porque neste libro hai que resolver un enigma para saber onde tes que continuar.

Unha narración que nos adentra no mundo das matemáticas dunha forma moi interesante.

Hai que continuar lendo...



GRAZAS ELENA!!

4/3/15

MULLERES E CIENCIA

O oito de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Como sabedes as mulleres tiveron moitas dificultades ao longo da historia para acceder á ciencia e á cultura, e aquelas que o conseguían foron mulleres excepcionais que tiveron que salvar moitos obstáculos. Esas poucas mulleres deixaron importantes pegadas.
Velaquí algunhas delas:               

                  

E unhas actividades para saber máis:

https://dl.dropboxusercontent.com/u/42548879/mulleres_cientificasv2/mulleres_cientificasv2.html

4/2/15

365 PINGÜINOS

Para os grupos de 3º e 4º Aurora, a nai de Mara leu un libro moi divertido, un album ilustrado que nos adentra no tema da ecoloxía, do cambio climático, a través dun xogo matemático que nos encantou.



                              Agasallounos cunha sorpresa...




Que traía cálculos para resolver!!!

FIBONACCI, EL SOÑADOR DE NÚMEROS

Fani, a nai de Isaac presentou aos nenos e nenas de 5º e 6º un atractivo libro que nos invita a xogar cos números, unha narración baseada na vida de Leonardo de Fibonacci, un célebre matemático da Idade Media.



Descubrimos a famosa serie numérica de Fibonacci e a súa presenza na natureza, a mesma proporción que se establece no chamado rectángulo áureo e a espiral que se pode trazar a partir del.


Grazas Fani por adicarnos o teu tempo e por alimentar a nosa curiosidade; agora tócanos a nós investigar!

2/2/15

OS SETE IRMÁNS CHINESES

http://www.oqo.es/editora/gl/content/os-sete-irm%C3%A1ns-chineses
Desta volta foi Fani, a mamá de Isaac e Rubén, a que nos veu regalar este fermoso conto da tradición oral chinesa: "Sete irmáns chineses" de Rodolfo Castro.
Este conto descubrenos as distintas capacidades que temos todas as persoas que nos fan a uns distintos dos outros.

 



"Co tempo, os irmáns Li foron capaces de facer cousas que permitían diferencialos. Li, o máis vello, era quen de tragar todo o mar. O segundo Li tiña un pescozo de ferro. O terceiro Li..."
  


Sorprendeunos gratamente este relato que nos enganchou aos nen@s de 1º e 2º, e séguenos sorprendendo como o ilustrador André da Loba partiu do Tangram  e as  súas sete pezas para a representación da historia.   
Moitas grazas Fani por engaiolarnos con esta bonita narración.

APRENDENDO SOBRE A PAZ

Adicamos a semana a investigar sobre distintos aspectos relacionados coa paz no mundo.
O alumnado de 6º na materia de cidadanía interpretou estatísticas baseadas en diversos indicadores de Paz Global, na páxina Vision of Humanity

 Todos os grupos informámonos sobre os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, expoñendo de distintos modos o que pretenden estes obxectivos e en que medida se están acadando (ou non.)


No Día Escolar pola Paz escoitamos o programa de radio escolar, que este mes correspondeu aos nenos e nenas de 4º E para rematar o Día os máis pequenos escoitaron a lectura dramatizada de "Bailar nas nubes", por parte dun grupo dos voluntarios axudantes da Biblioteca:

26/1/15

OS MAGOS DAS FORMAS

O alumnado de E. Infantil recibiu a visita da mamá de David, que compartiu con eles a lectura de "Os magos das Formas", un conto de Anxo Fariña que xoga coas formas xeométricas e a súa presenza nas nosas vidas.
Un agasallo especial para estes nenos e nenas que andan a traballar coa pintura e a xeometría.




Moitas grazas!!!

15/1/15

OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO DO MILENIO

Para conseguir unha vida en paz é imprescindible solucionar os problemas básicos de alimentación, saúde e educación de todas as persoas. Por iso a ONU promoveu medidas para acadar estes oito obxectivos, poñendo como data o fin do milenio e comezo do actual. 
Vexamos en que medida avanzaron, que logros se acadaron e canto queda por facer:
http://www.un.org/es/millenniumgoals/bkgd.shtml Informámonos aquí sobre a ONU e sobre a finalidade coa que foi creada esta organización.
Aquí datos e cifras.

Cuestionario para completar en equipos (4º, 5º,6º) 

   


Deixamos esta reflexión de Rigoberta Menchú:



18/12/14

UNHA DE MONICREQUES

Un grupo dos axudantes da Biblioteca preparou a primeira actividade de animación á lectura para os seus compañeiros máis novos. Lara, Antía, Isaac, Damián, Rubén e Laura atrevéronse a preparar unha pequena obra de monicreques, unha adaptación de "Cucho, Coco e o dilema do seis". Deron vida aos personaxes a partir dun calcetín, traballando na súa casa, e prepararon os diálogos nos seus tempos de recreo.


 Montaron o decorado con cartón e teas e organizaron a sesión



O seu esforzo viuse recompensado coas risas dos pequenos e pequenas.


Cucho e Coco teñen un dilema, seis é moito ou é pouco?
Un dilema é algo moi serio, cousa de maiores...
Como o resolverán?




O importante é que sexa abondo!!!