Presentámosvos o resultado da gravación que se realizou no noso centro con motivo da incorporación da nosa Biblioteca ao proxecto LIA.2 de Bibliotecas Escolares de Galicia.
Mostrando entradas con la etiqueta LIA2. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LIA2. Mostrar todas las entradas
22/12/20
15/1/20
EN MARCHA!

Agora si!
Recreos de Biblioteca, quendas de axudantes e horarios de uso xa están a funcionar co novo ano.
Coa axuda da guía e do alumnado voluntario imos coñecendo os novos recursos e espazos para aproveitar ao máximo todo o que nos ofrece a nova Biblioteca.
Etiquetas:
axudantes,
LIA2,
recreos de biblioteca
19/12/19
PORTAS ABERTAS
As familias tamén tiveron o seu día para visitar a Biblioteca, de novo alumnado axudante fixo de guía.
E por fin, que xa tiñamos moitas ganas, realizamos o préstamo para as vacacións de Nadal.
FELICES VACACIÓNS E BOAS LECTURAS
VÉMONOS Á VOLTA!
Etiquetas:
axudantes,
empréstitos,
familias,
LIA2
18/12/19
COCIÑANDO PARA OS CONVIDADOS
No novo espazo de cociña, anexo á biblioteca, preparou o alumnado voluntario de 5º unhas estupendas galletas para ofrecer aos convidados na inauguración da Biblioteca.
Etiquetas:
axudantes,
cociña,
LIA2,
RobotecaArgalleira
14/12/19
UNHA ILUSTRADORA NA BIBLIOTECA
"Paseniño" é o título que Lidia Cao puxo ao mural que pintou na nosa nova biblioteca, o mesmo do poema de Rosalía de Castro que nos quere lembrar. Escollemos este poema porque nos inspira calma, reflexión, observación, escoita... e ademais porque a combinación de poesía e ilustración pareceunos o mellor para o recuncho de lectura de lecer, lecturas compartidas ou oralidade.
Cando Lidia estaba pintando fomos observando as partes do proceso e puidemos facerlle preguntas, que ela contestou amablemente.
Aquí tedes o programa que preparou o alumnado de 5º, onde podemos escoitar todo o que nos contou:
Así nos leu o poema Nahir, alumna voluntaria, o día da inauguración:
13/12/19
INAUGURAMOS A NOVA BIBLIOTECA
Hoxe estivemos de celebración, inauguramos a nosa nova Biblioteca en moi boa compañía: a Conselleira de Educación, o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos e o Xefe Territorial de Pontevedra, alcaldesa de Salvaterra, representantes da Asesoría de Bibliotecas e CFR de Vigo, directores e directoras dos demais centros de Salvaterra, directiva da nosa ANPA, as libreiras de Salvaterra...
Carlos e Cristina recibiron aos asistentes, entregándolles a guía:
Dentro esperábanos música, lectura, explicacións, conversas... e galletas preparadas polo alumnado na nova cociña.
Pasaron seis meses dende que comezamos esta aventura, traslado, obras e acondicionamento, grazas ao Plan LIA2 da Consellería de Educación. Un traballo colectivo que rematou hoxe, coa inauguración dos novos espazos, e unha nova andaina con moitos proxectos por diante. Mirade:
25/11/19
AVANZANDO
"Sempre se chega a algunha parte se se camiña o suficiente" (Lewis Carroll, Alicia no país das marabillas)
A nosa Biblioteca avanza, porque o tempo así o require, adaptándose a novos xeitos de informarse e de aprender, para educarnos no uso crítico da información e facer da lectura un hábito cotián imprescindible. Tamén para crear, fomentando a elaboración propia de contidos escritos, audiovisuais, científicos, tecnolóxicos, artísticos... para participar como corresponde na sociedade actual.
A nosa Biblioteca avanza, porque o tempo así o require, adaptándose a novos xeitos de informarse e de aprender, para educarnos no uso crítico da información e facer da lectura un hábito cotián imprescindible. Tamén para crear, fomentando a elaboración propia de contidos escritos, audiovisuais, científicos, tecnolóxicos, artísticos... para participar como corresponde na sociedade actual.
Este curso será o terceiro que formamos parte do Proxecto Biblioteca Creativa da Consellería de educación, que supuxo para a nosa escola a entrada de novos recursos como a robótica, a impresión 3d, recursos tecnolóxicos e moitos materiais para experimentar, crear e construir. Tamén será o terceiro curso explorando o terreo da lectura dixital co proxecto ELBE2.
O pasado 25 de outubro a nosa escola presentaba en Compostela o traballo realizado no curso 18/19, na Xornada Biblioteca Creativa "Comunicación e Cidadanía", da man dunha mestra do equipo.
E o pasado 15 de novembro a mestra de AL e unha das mestras de PT participaban na xornada Biblioteca Inclusiva. Cidadanía na diversidade, onde recibiron formación para que a nosa Biblioteca e a nosa escola saiban ser entornos de convivencia e de cidadanía tolerante e solidaria, que ofrezan posibilidades educativas para todos e todas.
Doce anos hai que comezábamos con ilusión a nosa andaina no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Consellería, doce anos onde a formación do equipo foi constante, sempre coa teima de traer o mellor á nosa escola. Aprendemos e compartimos con todas as Bibliotecas Escolares de Galicia, facendo proxecto común. Abofé que funciona.
Ao mesmo tempo o noso Plan de Formación no centro introducía a todo o profesorado nos principios básicos do traballo cooperativo e no modelo educativo baseado nas competencias do alumnado. Así os nosos pasos no deseño e desenvolvemento de proxectos de aprendizaxe e tarefas integradas foron levándonos cara outro modelo educativo significativo, activo e motivador. E chegaron os recoñecementos no Concurso de Proxectos, que nos indican que imos por bo camiño. Satisfeitas e agradecidas.
Neste percorrido estivemos acompañadas das familias do alumnado, que de diversos xeitos se foron sumando ás nosas aventuras, participando como modelos eficaces para os nenos e nenas, e do Concello de Salvaterra prestando o seu apoio e servizo cando o precisamos.
E agora chegou o mellor agasallo para a Biblioteca de Leirado: un novo espazo, maior, accesible, cómodo e atractivo, xunto con novos recursos para todo tipo de actividades, para todos os intereses, para todas as capacidades, na vangarda dos espazos educativos, grazas ao proxecto LIA2 da Consellería de Educación. Non podemos estar máis contentas nesta pequena escola pública e rural.
Moi pronto abriremos as portas para presentar á Comunidade Educativa a súa nova Biblioteca, a de todos e todas, xunto cun pequeno acto de inauguración oficial.
Vémonos!
16/9/19
NOVAS DA BIBLIO
Benvido, novo curso!
Recibímoste con novidades: estamos de mudanza!
A nosa Biblioteca trasládase á planta baixa. Houbo que esperar a que rematasen as obras de acondicionamento do novo espazo, que se estiveron facendo durante o verán. Agora quédanos o traballo de colocar todo no seu lugar.
Pero tamén nos agardan novos espazos e novos materiais, pois xa temos máis sitio e moitos plans para os nosos usuarios e usuarias, a quen pedimos un pouco de paciencia, pois abriremos máis tarde do que é habitual. Pagará a pena, xa veredes!
Mentras, xa sairon libros cara as aulas para que non vos faltase lectura dende o primeiro día de escola
Seguiremos informando!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











































