15/10/26
7/4/26
AS LERIAS DE LEIRADO! PROGRAMA DIARIO NA NOSA RADIO.

4/3/26
FORMACIÓN DE RADIO PARA PROFESORADO E ALUMNADO
3/3/25
RADIO
Todos os venres, na hora de ler, emitimos en directo o programa de radio dos voluntarios da biblioteca. Eles infórmannos das novidades da semana, eventos destacados, aniversarios do alumnado e moitas cousas máis.
12/12/24
CONMEMORACIÓNS DO MES DE DECEMBRO
Durante este mes de decembro foron moitas as conmemoracións que celebramos no noso cole.
Decidimos facer un programa de radio para explicalas todas:
6/11/24
AS LERIAS DE LEIRADO
Este curso puxemos en marcha un novo programa de radio en directo que se emitirá todos os venres na hora de lectura.
Neste programa, os voluntarios e voluntarias da biblioteca nos contarán os aspectos máis relevantes ocurridos durante a semana (celebracións importantes, conmemoracións, aniversarios, saídas, anécdotas curiosas, etc).
12/6/24
CREAMOS CURTAMETRAXES
Chegou o momento de gravar a nosas curtas, e por iso no cole soamente se escoita: Silencio! Gravando! Acción!
En calquera recuncho podemos atopar algún curso gravando. Ben sexa no patio ou baixando as escaleiras, na biblioteca ou no despacho da dire, tamén no parque de infantil ou mesmo durante a camiñata da Milla.
O bo de todo isto é que non molestamos a nadie e tampouco nos pisamos o traballo.
4/6/24
ANUNCIAMOS AS NOSAS PELIS NA RADIO!
O 18 de xuño a partir das 10h celébrase o FESTIVAL DE CINE DE LEIRADO.
Terá lugar no noso centro e proxectaranse 9 curtas feitas polo alumnado do centro.
Non faltes!!
9/5/24
UN NOVO AUDIOLIBRO PARA A BIBLIOTECA
17/4/24
FORMACIÓN DE RADIO ESCOLAR
23/2/24
23 de febreiro: ROSALÍA DE CASTRO
27/4/23
OS NOSOS CONTOS FAVORITOS
Durante a semana do libro, as portas do nosos estudio de radio estiveron abertas para que , o alumnado que quixera, se acercara a falar sobre os seus contos favoritos:
25/4/23
23 DE ABRIL: CELEBRAMOS A SEMANA DO LIBRO
Durante esta semana celebraremos "o día do libro" con moitas actividades diferentes:
27/3/23
FORMACIÓN DE RADIO ESCOLAR
A semana pasada, na nosa biblioteca, tivemos unha formación de radio escolar:
Xa comezamos a gravar novos programas co noso alumnado e en breve estarán todos subidos na nosa canle:
AS LERIAS DE LEIRADO, CURSO 22/23
8/4/22
AUDIOLIBRO "LA VUELTA AL MUNDO EN 80 DÍAS"
Relacionado co noso proxecto "A volta ó mundo en 160 días" o alumnado voluntario da nosa biblioteca de 5º e 6º fixo esta adaptación gravada do libro de Julio Verne, "La vuelta al mundo en 80 días". Trátase dunha adaptación de Ángel Burgas para a editorial Almandraba.























