Mostrando entradas con la etiqueta obradoiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta obradoiros. Mostrar todas las entradas

10/6/26

OBRADOIRO ILUSTRACIÓN PARA CLUBS DE LECTURA

Como peche deste curso,os clubs de lectura de 5º e 6º asistiron a un obradoiro de iniciación ao debuxo e ilustración!  Para que isto fora posible, en horario de tarde, organizamos un xantar de convivencia previo ao obradoiro no que nos mesturamos e compartimos un tempiño de lecer e conversa, que sempre se presta mellor arredor dunhas pizzas.

O obradoiro foi impartido por Fabián, mestre de debuxo na escola de arte Studio 57 de Porriño. Tras unha reve definición e historia da ilustración, durante o obradoiro as nenas e os nenos experimentaron co diferentes técnicas, estilos e formatos. Probaron como a partires dunha idea, concepto ou mensaxe se pode elaborar unha estructura narrativa completa, en diferentes formatos e composicións e mesturando diferentes estilos, estética e uso da cor.  Comezaron realizando bosquexos rápidos a partires de ideas iniciais pero remataron a sesión creando e deseñando ilustracións conintencióncomunicaiva de un concepto ou información a través da narrativa visual da imaxe.

Todo un éxito de asistencia, motivación e creatividade neste obradoiro que moi probablemente repetiremos


















28/5/26

OBRADOIRO DE PAPEL RECICLADO

 Durante a terceira semana do mes de maio, levouse a cabo na biblioteca un obradoiro de reciclado de papel de periódico. Durante toda a semana durante o recreo foron pasando alumnos e alumnas de diferentes niveis para elaborar o seu propio papel reciclado.

Os voluntarios da biblioteca botaron unha man, explicándolles aos asistentes e axudándoos na elaboración. 

  
Como a elaboración do papel é un proceso que tarda un tempo o alumnado deixou o seu elaborado secando na biblioteca para poder recollelo ao final da semana todos xuntos.

           

17/4/26

OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA CON MARK RITCHIE

 O alumnado de primeiro ciclo e de segundo ciclo tiveron a opotunidades de desfrutar no noso centro dun obradoiro de fotografía creativa co fotógráfo Mark Ritchie.

No mes de abril e durante dous días, os alumnos e alumnas das diferentes aulas foron pasando pola biblioteca para asistir ás súas explicacións e elaborar as súas creacións.

 O alumnado levou máis tarde as fotografías das súas creacións.
 
 

6/6/25

OBRADOIROS NO RECREO

Durante o terceiro trimestre realizamos disitintos obradoiros no recreo relacionados co noso PDI e coas distintas etapas da historia:

- Prehistoria: pinturas rupestres.

- Antiga Grecia: brazaletes

- Antigo Exipto: mascaras de faraonas.

- Imperio Romano: mosaicos.

- Idade Media: vidrieras

- Idade Moderna: libros



14/4/25

OBRADOIRO CREATIVA: coñecemos e utilizamos a cortadora láser.

A pasada semana tivemos un obradoiro moi interesante na nosa biblioteca.
Todo o alumnado do centro coñeceu a nova cortadora láser e tamén recibiu unha pequena formación para saber como se usa e que cousas podemos facer con ela.


  A formación estivo adaptada para as diferentes idades do noso alumnado.

  Os máis pequenos recibiron unha explicación moi simple de que é este novo aparato e para que sirve. A continuación, deseñaron algo para que o puideran pintar e levar para casa.



Para os maiores do cole, a fomación xa foi algo máis complexa. Eles  coñeceron os programas de creación e edición para poder así crear os seus propios materiais.




26/4/24

OBRADOIROS DURANTE A SEMANA DO LIBRO

Durante toda esta semana, na nosa biblioteca, realizáronse distintos obradoiros relacionados co Día Do Libro, como crear marcapáxinas, colgadores para as portas, etc....

As nosas voluntarias e voluntarios colaboraron  no desenvolvemento destes obradoiros para que todo saíra fantástico.



11/3/24

OBRADOIRO DE BIBLIOTECA CREATIVA

A semana pasada gozamos dun obradoiro de estampación para todo o alumnado grazas á  imprenta ambulante "Alquette machine".








18/12/23

OBRADOIROS DE NADAL

Durante o mes de decembro, no recuncho de argalleira da nosa biblioteca realizaronse diferentes obradoiros navideños:
copos de neve, árbores de Nadal, bonecos de neve....

Os axudantes foron os encargados de preparar e dirixir estes obradoiros que tiveron moito éxito entre o alumnado nos recreos deste mes.







13/6/23

OBRADOIRO DE BIBLIOTECA CREATIVA: XOGOS BRAZOLINDA

 Hoxe na nosa biblioteca tivemos un obradoiro moi divertido: Visitounos Brazolinda, que é un proxecto de deseño e fabricación de xogos de mesa en galego que axudan a desenvolver a capacidade de observación, comunicación, razoamento... a través de adiviñas, as matemáticas ou xogos de agudeza visual, entre outros:



8/6/23

CREAMOS UN BOOKTRAILER

 O noso alumnado de 5º e 6º de primaria participou nun obradoiro para crear  booktrailers:

Un booktrailer é un pequeno vídeo sobre unha lectura dun conto. A finalidade é convencer aos compañeiros de que merece a pena ler ese libro en cuestión.





25/4/23

23 DE ABRIL: CELEBRAMOS A SEMANA DO LIBRO

 Durante esta semana celebraremos "o día do libro" con moitas actividades diferentes:

Os voluntarios e as voluntarias da biblioteca realizarán obradoiros, contacontos e moitas cousas máis para celebrar esta data tan especial.