Mostrando entradas con la etiqueta día do libro infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día do libro infantil. Mostrar todas las entradas

24/4/18

ANDERSEN EN CÓMIC

Dende o principio de abril os contos de Hans Christian Andersen sairon dos andeis para estar máis visibles e rolaron polas aulas todo este mes.


 Moitos deles acabaron convertidos en cómic da man do alumnado , cun resultado ben xeitoso!







4/4/18

ABRIL, MES DOS LIBROS 2018

Listo o programa de actividades para as celebracións do libro neste mes de abril. Agardamos que sexa fructífero!

       

2/4/18

OS LIBROS FAN GRANDE O MÁIS PEQUENO

Comeza abril con este atractivo lema, do texto de Inese Zandere para o Día Internacional do Libro Infantil.

 Convén lembrar que un 2 de abril nacía Hans Christian Andersen, autor de moitos contos infantís mundialmente coñecidos, razón pola que foi escollida a data para esta celebración.

Coñeces cales son os contos de Andersen?

Tal vez a lectura de literatura actual fai que esquezamos quitar dos andeis estas obras de sempre que non debemos deixar de coñecer. 
Propoñémosvos unhas actividades estupendas, traballo de Julia González, para coñecer a este autor e algunhas das súas obras dunha forma moi entretida:

http://engalego.es/panel/alm/chs/bibliocole/lim_andersen1/lim_andersen.html


E para quen se anime, unha proposta interesante, concurso Andersen en cómic:
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/Concurso_Andersen_bases_gl.pdf

4/4/14

IMOS CAZAR UN OSO

Comezamos abril celebrando o Día do Libro Infantil e Xuvenil. Foron os voluntarios axudantes da Biblioteca os que prepararon para o alumnado máis pequeno a presentación desta animada aventura en familia, Imos cazar un oso, versión en galego publicada por kalandraka. Adicaron parte do seu tempo de recreo, traballando con moita vontade e ilusión: 

                     

Os seus compañeiros e compañeiras gozaron desta divertida narración, que agardamos esperte o interese pola súa lectura e polo xogo que ofrece.



Tamén podemos vela e escoitala nesta versión en inglés:

2/4/13

DÍA DO LIBRO INFANTIL

Como cada ano, dende 1967, o Día Internacional do libro Infantil, lembrando a Hans Christian Andersen, promove a lectura entre a xente máis nova.



Cartel de Ashely Bryan e texto de Pat Mora, que podemos ler nunha montaxe preparada polas compañeiras da BiblioBN:


Para este día especial,  un conto de Hans Christian Andersen, "O soldadiño de chumbo":

                             

Podes atopar este libro, con DVD, na nosa biblioteca:



10/4/12

MÁIS SOBRE ANDERSEN

Para coñecer mellor a este autor e a súa obra chégannos estas actividades dende O RECANTO DE MIK, Biblioteca do CEIP Mestres Goldar de Vigo, a quen agradecemos o traballo compartido. Adecuadas para este mes de abril, mes de celebración do libro e a lectura, esperamos que sirvan para aprender un pouco máis e pasar un momento agradable arredor dos contos.



Tamén podes escoitar e ler contos de Andersen nos audiolibros de albalearning: preme na imaxe.


2/4/12

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O 2 de abril é celébrase o Día do libro infantil e xuvenil, pois é a data de aniversario de Hans Christian Andersen, autor de moitos contos coñecidos. O fermoso cartel elixido para este ano é obra do ilustrador mexicano Juan Gedovius e a mensaxe escrita para nenos e nenas é do escritor Francisco Hinojosa. Desta mensaxe destacamos este parágrafo:
"Os contos énchennos por igual aos seres humanos, a pesar das nosas enormes diferencias, porque todos somos, no fondo, os seus protagonistas."
Ler a mensaxe completa AQUÍ

E non quixeramos deixar pasar este día sen falar de Andersen, por iso buscamos na rede esta breve biografía:

                            

Podes atopar moitísimos contos de Hans Christian Andersen en Ciudad Seva. Disfrútaos.
E esta é a nosa proposta para este mes: EN ABRIL, LIBROS MIL