Mostrando entradas con la etiqueta imaxes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta imaxes. Mostrar todas las entradas

19/6/20

FIN DE PROXECTO

"Fotografía e lema" foi a proposta final para este encontro virtual que remata o noso proxecto deste curso, por non poder ser doutro xeito neste momento difícil. Grazas por asistir, por aportar e compartir!


Todos os traballos quedan reunidos no blog do proxecto:


Parabéns a toda a Comunidade Educativa

1/2/16

DÍA DA PAZ 2016

Durante a pasada semana realizamos as actividades propostas: lectura de imaxes, lectura de noticias e información, expresión oral e escritura de opinións. Expuxemos os nosos traballos para compartir con todos e todas, neles reflíctense ben os desexos de Paz do alumnado despois de coñecer a actual e triste realidade das persoas que sofren as consecuencias das guerras.



Carmen, Mario, Esther e Dani, axudantes da Biblioteca, leron para todos nós "El pez arcoiris".




 O peixiño sentiuse feliz cando compartiu as súas brillantes escamas cos demais peixes. Empatía e  xenerosidade, imprescindibles para a convivencia en paz.  
Rematamos cantando todos xuntos "Apertas que voan" do libro disco "Brinca vai".

20/1/16

OUTRAS RAZÓNS PARA CAMIÑAR

Camiñar é unha actividade pracenteira para visitar pobos e cidades, gozar de paisaxes naturais e coñecer xentes de diferentes lugares, como estamos vendo a través dos traballos do noso proxecto. Pero hai outras razóns para camiñar non tan pracenteiras: FUXIR. Iso é o que está a ocorrer en diferentes lugares do mundo por causa das guerras. Para o Día Escolar pola Paz ímos tentar por un momento poñernos na pel desas persoas e reflexionar sobre esta realidade, tan tráxica como innecesaria.

       
Realizaremos tarefas de lectura a través de imaxes e noticias, expresaremos o noso sentir e a nosa opinión sobre o mundo que queremos.
Información UNICEF ( Fondo da ONU para a infancia)
Información ACNUR (Axencia da Onu para os refuxiados)

11/6/15

FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

As imaxes tamén son un medio de expresión e de comunicación, así o comprobamos nesta actividade en que observamos, fotografiamos e interpretamos. Participamos por segunda vez no Concurso de Fotografía Matemática do IES de Salvaterra de Miño e foi unha actividade que nos encantou, sobre todo este curso en que estivemos cambiando a nosa mirada cara as matemáticas, para velas tal como son, próximas e cotiás.

                         
                     FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA from Biblioteca Escolar Leirado

Para completar a experiencia, o profesorado do Departamento de Matemáticas do IES tivo a amabilidade de compartir connosco parte do seu saber. Andrés e Aurelio presentáronnos "Un día sen matemáticas", un percorrido polas actividades que facemos día a día e nas que están presentes as matemáticas. Sandra mostrounos como podemos aprender matemáticas facendo papiroflexia.  Ademais comunicáronnos que a gañadora do concurso era do noso cole!, Sarai de 6º, con esta fotografía:

Moitas grazas pola visita!!