Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto Vivir Xuntos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto Vivir Xuntos. Mostrar todas las entradas

19/6/14

O NOSO MAPA

Pasiño a pasiño e entre todos e todas, fomos construindo un mapa xigante do noso municipio e situando nel lugares coñecidos e outros que tivemos que investigar: parroquias, barrios, ríos, fontes, muiños, parques, casas culturais, monumentos históricos... etc. 

       

Se pinchas na imaxe poderás reconstruir o puzzle do mapa que xa coñeces moi ben:


18/6/14

OS NOSOS LUGARES

Nesta última semana do curso expoñemos os traballos que fomos realizando durante este trimestre relacionados co noso proxecto "Vivir xuntos". 
Fixemos fotografías dos lugares que frecuentamos no noso día a día e tamén lugares que teñen valor paisaxístico ou histórico. Logo nas aulas escribimos o que sabemos sobre eses lugares e todos e todas aprendimos cousas que nos contaron os demais. Cando recollamos a exposición faremos un libriño para a Biblioteca. 
                                                                                     
Tamén no 2º e 3º ciclo realizamos maquetas de espazos comúns nos que convivimos: a aula e a escola, e a estrutura dunha vila. Tivemos que aplicar moitos coñecementos e unha grande dose de observación!








15/6/14

VELLIÑAS

Historia entrañábel de dúas velliñas que comparten case que todo, pero desa totalidade o máis importante é a súa amizade.
                                                                                                                      http://www.oqo.es/editora/gl/content/velli%C3%B1
Neste relato descubrimos o que somos capaces de facer polas persoas que queremos, aínda que parezan que é algo realmente imposibel.

Por outra banda, temos que resaltar a calidade das ilustracións que conseguen transmitirnos, con eses tonos
pasteis e ese trazo, a tenrura da relación destas dúas velliñas.
 

E todo isto; Ana, a prima de Yago Fontán de 2º, foi quen de compatir connosco.


 

Non foi necesario aderezalo con máis nada que a súa voz e expresividade, e de todo este adobío saíros estas cariñas absortas.

10/6/14

A PARTES IGUAIS, NARRANDO

Os nenos e nenas de 3º e 4º prepararon para todos nós o conto que lles leu Azucena, a mamá de Carla, na Biblioteca.

      

4/6/14

BIBLIOTECAS MÓBILES

O alumnado de 6º realizou unha investigación na rede sobre bibliotecas móbiles, unha fórmula para achegar a lectura ás persoas que non dispoñen dunha Biblioteca próxima. Unha experiencia deste tipo, excepcional na nosa Comunidade,  tivo lugar na Comarca do Condado non hai moitos anos, que seguramente moitas persoas lembran. E máis exemplos que atoparon e nos mostran no seu traballo.

                   
                    Biblioteca móbiles from Biblioteca Escolar Leirado

Non queremos deixar de vos amosar máis sobre esta iniciativa tan orixinal:
                

30/4/14

PÁJAROS EN LA CABEZA

Os paxaros que rondan a cabeza do rei son os que lle dan bos consellos para gobernar de forma xusta e xuizosa... pero os seus ministros son demasiado ambiciosos e teñen outras ideas. Para levalas a cabo teñen que quitar os paxaros da cabeza do rei.

 Conseguirán os ministros o seu propósito?

Ou conseguirán os paxariños cambiar a historia deste reino?


Un conto precioso, que nos engaiolou durante uns minutos na voz de Estela, a mamá de Laura.



Por si acaso, Estela ensinounos como facer os nosos páxariños, para que nos enchan a cabeza de ideas xuizosas...








29/4/14

INFORMATIVO CULTURAL

Rematamos as actividades de abril cun novo programa na  Voz da Escola, esta vez un informativo sobre as actividades culturais no concello de Salvaterra de Miño. A información foi seleccionada polos nenos e nenas de 3º na páxina web do Concello.


28/4/14

A PARTES IGUAIS

"A partes iguais cruzaremos xuntos a terra e os mares" é o lema dos personaxes deste conto, que se unen para compartilo todo e cada un aportando a súa habilidade. 
Este libro de Darabuc, baseado nun conto popular, preséntanos un modelo de convivencia en igualdade e tamén o rexeitamento de actitudes egoistas e tiranas por parte das persoas que gobernan unha sociedade.
As ilustracións, de Lina Zuzauté, chamaron a nosa atención polo simbolismo, máxico pero moi expresivo.


E quen nos trouxo esta lectura foi Azucena, a mamá de Carla, esta vez para o 2º ciclo de Primaria.




21/4/14

PRIMAVERA DE LIBROS

Abril vai andando e máis lecturas deixando... despois da que nos ofreceron os voluntarios de 6º no Día do Libro Infantil, tamén puidemos gozar os máis pequenos coas lecturas das familias:

 A mamá de Olivia deleitounos coa lectura de Manu, de Irene Pérez Pintos e Ramón Trigo, un rapaz que confunde as palabras e acaba traendo á súa nai uns recados moi disparatados. Xogando coas palabras e coa rima achegámonos aos significados dunha forma lúdica.


A mamá de Gael ofreceunos a lectura de "Pétala", de Pep Bruno e Luciano Lozano, un album ilustrado que nos amosa a importancia da auga para o benestar do planeta e por tanto tamén dos seres que o habitan.






4/4/14

IMOS CAZAR UN OSO

Comezamos abril celebrando o Día do Libro Infantil e Xuvenil. Foron os voluntarios axudantes da Biblioteca os que prepararon para o alumnado máis pequeno a presentación desta animada aventura en familia, Imos cazar un oso, versión en galego publicada por kalandraka. Adicaron parte do seu tempo de recreo, traballando con moita vontade e ilusión: 

                     

Os seus compañeiros e compañeiras gozaron desta divertida narración, que agardamos esperte o interese pola súa lectura e polo xogo que ofrece.



Tamén podemos vela e escoitala nesta versión en inglés:

30/3/14

AQUÍ VIVIMOS

Un dos datos que nos identifican é o noso enderezo, o lugar exacto onde vivimos. Pero tamén forman parte das nosas vidas todos os lugares próximos e a entidade social á que pertencemos: barrio, parroquia, municipio... Sobre iso nos informaremos por diversos medios e compartiremos o aprendido. Recibimos moitos materiais do Concello, que amablemente respondeu á nosa "carta formal"





Os nenos e nenas de 5º prepararon xa un mapa xigante que agora  completaremos entre todos




UNHA AVOA POETA

Luz, a avoa de Alexia, escribe poesías. Ten dúas libretas cheas porque leva moitos anos escribindo... e confésase unha fan de Rosalía de Castro. Estivo co alumnado de 5º e 6º para lerlles algúns dos seus poemas e falar sobre esta súa afección.


Velaquí un resumo da súa visita:

 

23/3/14

MULLERES TRABALLADORAS

Os nenos e nenas de 3º entrevistaron a Isabel, a nosa limpadora do colexio, e comprenderon máis de preto como é o seu día a día e o que nós podemos facer para colaborar. Así nolo contan.


Os nenos e nenas de 4º entrevistaron a Mari Luz, carteira de Leirado, a que todos os días nos trae o correo ao cole. Parece que nos faran chegar a información no programa de radio deste mes, que andan a preparar, e poderemos escoitar moi pronto na Voz da escola.


19/3/14

A VODA DOS RATOS

A visita de Rita, a mamá de Leticia, trouxo para os nenos e nenas de 2º ciclo unha historia na que unha parella de ratiños pasan moitas dificultades para conseguir casar. A voda dos ratos é unha versión dun vello conto tradicional que acaba poñendo a cada quen no seu lugar, demostrando que o máis pequeno pode ser o máis poderoso se posúe a forza do amor.





Pasamos uns momentos moi entretidos con Rita, que ao remate nos regalou un corazón doce a cada un, e mantivemos unha animada conversa.
Encantad@s.


16/3/14

CORREO PARA TIGRE

Correo para Tigre falanos da comunicación, de como os animais inventaron o correo e o teléfono, para enviarse mensaxes e facer así as súas vidas moito máis emocionantes. Trouxonos esta lectura a mamá de Juan, María, para os nenos e nenas de 1º e 2º, que escoitaron moi atentos unha historia chea de entusiasmo e alegría de vivir.







En palabras de María: "Sabedes por que me gustan a min as cartas? Porque as podes ler cantas veces queiras..."

15/3/14

ROSA CARAMELO

Óscar, o papá de Sara, leu para os máis peques "Rosa Caramelo"





Agora quédanos un debate por facer: é mellor ser de cor rosa dentro dun recinto pechado, ou ser todos da mesma cor e poder facer o que nos gusta??? 
Vós diredes 

Gustounos moito a túa visita, Óscar, moitas grazas!