Mostrando entradas con la etiqueta A tope coa saúde. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A tope coa saúde. Mostrar todas las entradas

16/6/21

DÁLLE UN "LIKE" Á SAÚDE

Neste final de curso convidámosvos a unirvos ao noso proxecto acudindo aos exteriores da escola o día 22 de xuño, para poder ver os nosos traballos, escoitar o noso Maratón Radiofónico, e axudarnos a  compartilo coa etiqueta #atopecoasaúde. 
Estaremos encantad@s de contar coa vosa presenza!



Xa van saído as invitacións personalizadas!




18/5/21

APRENDEMOS CON ALUMNADO DE FP

 Esta colaboración, que xa tivo que ser aprazada o curso pasado, realizámola este curso  e de xeito virtual. Claro que tería sido xenial traballar na contorna do río, pero aínda así, e grazas ao excelente traballo do alumnado do CIFP A Granxa, de Ponteareas, puidemos achegarnos á riqueza natural do río Tea e aprender moitas cousas. Velaquí un resume:

 
 
E aínda nos queda introducirnos na vida das aves migratorias con estes xogos que nos deixaron de agasallo, ademais duns bonitos marcapáxinas!
 

  

13/4/21

LECTURA COAS FAMILIAS NA AULA DE TRES ANOS

 As familias de Paula e Nahir estiveron virtualmente na clase. Con elas coñecemos dous contos máis. Horas de ler diferentes, participativas e relaxantes. 

Estes foron os escollidos (premede na imaxe se queredes escoitalas):



XINCANA DA SAÚDE

 Quixemos destacar este curso o Día Mundial da Saúde, xa que é o tema central do noso proxecto . Fixémolo cunha Xincana que nos levou polos distintos aspectos traballados, repasando o aprendido e aprendendo algunha cousiña máis. O tempo acompañou e así de ben o pasamos:


O lema deste ano: "Construir un mundo máis xusto e saudable"



11/3/21

DEBATE NA BIBLIOTECA

 A biblio tamén é un bo lugar para organizar conversas sobre diversos temas de interese. Neste caso, o alumnado de 6º e máis a mestra de ARCO organizaron unha entretida sesión; coa dinámica de opinións enfrentadas elaboraron argumentos, defendéronos, escoitaron, gardaron quendas de palabra e elaboraron conclusións, participando todos e todas. Unha actividade moi completa, que gustou e xa queren repetir. Deixámosvos un pequeno resume do que puidemos recoller. 

28/1/21

DÍA ESCOLAR POLA PAZ: Á SOMBRA DOS ANACARDIOS

 O alumnado voluntario de 6º envíavos ás aulas esta lectura da Biblioteca. Un libro que fala de cooperación, voluntariado, saúde e desigualdades... pero tamén de esperanza. Agardamos sirva para falar, pensar e coñecer.

 




21/12/20

A TOPE COA SAÚDE

 Este é o noso proxecto deste curso, traballando coa información de diversos xeitos: buscando, seleccionado, organizando e comunicando. Porque máis que nunca precisamos aprender a distinguir a información veraz, a valorar a Ciencia e a Cultura, a ser críticos co que nos contan e a pensar en colectivo. Na imaxe o blog onde iremos deixando  os nosos traballos:


                               


11/12/20

VOLVEN AS HORAS DE LER CON FAMILIAS

Pouquiño a pouco imos incorporando as actividades habituais de Lectura, e esta é das que non queremos perder. Recibimos as lecturas en formato vídeo e xa comezamos a escoitalas. Un traballo excelente que mantivo ao auditorio absorto todo o tempo.



Encantadas!

Seguimos!

 

25/11/20

#BibliotecasSTOPViolencia

 Hoxe lucimos as nosas propias chapas, feitas con lemas, logos e deseños en favor da igualdade, en contra das violencias de xénero. 

As mochilas lilas comezan  a súa andaina polas casas.








18/11/20

25N: O BO TRATO TAMÉN É SAÚDE



Proposta de contos e cancións, para conversar, para entender que a igualdade e o respecto son a base dunha convivencia saudable, que a liberdade é un dereito, e para dicir non á violencia de xénero.
Imos elaborar cadaquén a súa propia chapa, coa mensaxe que decidamos, para que se saiba e se entenda.
Alumnado voluntario de 6º cóntavos como facelo:

2/10/20

COMEZAMOS PROXECTO?

 Pacho mándanos unha frase agochada nesta mensaxe secreta:

Cando a descubrades, deberedes conversar sobre o seu significado, despois  recoller todas as ideas que vos xurdan desta frase...
...e con esas ideas poñernos a xenerar LOGOTIPOS que representen o proxecto deste curso!
Fixádevos, aquí podemos mirar algúns, para inspirar:


Ou buscar en internet

Ou iniciar unha busca de logotipos pola casa, recortalos e traelos á escola.

Pacho agarda as vosas marabillosas creacións!