Mostrando entradas con la etiqueta novidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta novidades. Mostrar todas las entradas

18/11/25

LIBROS SOBRE O PDI: MÁNS A TERRÁ

 Como xa sabedes, este curso o noso PDI xira entorno á agricultura, as plantas e os nosos montes.

Unimos estes novos exemplares  á nosa colección.


21/2/19

É TEMPO DE ENTROIDO

Acompañados deste libriño faremos un repaso polos personaxes tradicionais do Entroido en Galicia. Ao mesmo tempo cantamos coa canción que nos acompaña estes días e que podedes escoitar e descargar aquí, e tamén cantala con karaoke. O texto é rimado e fai moitas alusións gastronómicas, típicas tamén do noso entroido.





Ademais deixámosvos este vídeo do CEIP ADR Castelao de Rianxo, onde nos explican moi ben o entroido galego:

16/2/19

ANÉCDOTAS DOS XOGOS: LECTURA

Chegou á nosa Biblio "Los días pequeños", de Pep Bruno, un libro que fai boa literatura das cousas máis cotiás, dos aconteceres dos habitantes nun pequeno pobo. Para non perdelo de vista.
Nel achamos unha divertida anécdota de xogos infantís, como as que nos contaron as  familias ou como as nosas, porque todos temos algunha que contar. 
Mirade  e escoitade :"El niño Antón y la patineta"



13/12/18

POLO CAMIÑO

Os maiores de Infantil andiveron moitos días a voltas con este libriño que da moito, moito xogo!!: números, nomes, cualidades, ritmo, rimas...
Tamén os escornabots andiveron paseando polo conto.
Se queredes ver como traballaron pasade polo seu blog.

E dende a Biblio, Pacho déixalles este agasallo que atopou na rede:

8/6/18

NOVIDADES EN INGLÉS

Tardaron moito en chegar porque viñeron de moi lonxe, pero xa está na nosa Biblioteca esta magnífica selección de contos en inglés que pediu a profe Nieves. Mirade que marabilla, do mellorciño! E auténticos! 







 Este curso xa non vai dar tempo pero o próximoooo, a por eles!

19/3/18

RIMAS CON SABOR

 
Un novo libro chegou á nosa Biblioteca e a súa autora, Isabel Blanco, fixo a presentación para o alumnado máis novo do cole. Trátase de "As receitas de Rosaura", un libro con poesías que primeiro presentan á cociñeira, logo os seus utensilios, os condimentos, e por fin as receitas, todo rimado, polo que ten un dobre atractivo.


 O cartel anunciador, obra dos axudantes da Biblio, reproduce unha das ilustracións de Luz Beloso.
No final da sesión Isabel manifestou a súa intención de escribir outro libro no que Rosaura fose outra cousa , e pediu ideas ao nenos e nenas. Quedou gratamente sorprendida da variedade de cousas que propuxeron, entre elas pintora, piloto, pianista, astronauta, futbolista, motorista... porque os nenos e nenas saben que Rosaura pode ser calquera cousa que ela queira!


 Que non sexa por ideas Isabel!


5/3/18

EL SEÑOR FLUX


https://es.literaturasm.com/libro/senor-flux
Seguindo coas lecturas dos libros relacionados coa arte, chegou unha mamá para lernos o Señor Flux.
Engaiolados nos tivo a todos Eva, mamá de Bruno e Gara, con este conto que nos fala dos cambios aos que en ocasións somos remisos.


Despediuse coa encarga de que tod@s deberíamos poñer un cambio diario na nosa vida.
Non o esqueceremos Eva.

28/2/18

EL ZORRO PINTOR

Rematando febreiro veunos visitar Alexandra, mamá de Miriam, que enlazando co noso proxecto de arte leunos o Zorro Pintor.
http://edicionesjaguar.com/titulos_detalle/427-zorropintor
O personaxe quere pintar un cadro, como nos está acontecendo a moitos compañeir@s da escola, e atópase con numerosos conflitos.
Unha oportunidade para comenzar a camiñar no mundo da pintura.


                 Moi agradecidos Xandra por este fermoso conto.

12/2/18

DIVERSIDADE E INCLUSIÓN: NOVAS LECTURAS

Este curso fomos incorporando novas lecturas e películas á nosa Biblioteca para facela máis diversa e inclusiva, para que os nosos usuarios e usuarias teñan acceso a coñecer e comprender outras realidades sociais diferentes da súa, para avanzar nunha convivencia saudable e solidaria. Imos reunindo estes materiais neste taboleiro de Pinterest.
http://www.herculesediciones.com/gl/libro/todo-o-mundo/

http://www.algareditorial.com/ficha-libros-catalogo/items/ahora-me-llamo-luisa.html

http://lapelicula.lahistoriadejan.com/

http://www.kalandraka.com/ga/coleccions/nome-coleccion/detalle-libro/ver/con-tango-son-tres-1/

http://www.milrazon.es/Libros/Bolobo-castellano-Nono-Granero.aspx
http://www.editorialjuventud.es/3781.html
http://www.apamp.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=192

Como sempre as familias nos axudan na tarefa de ler e presentar lecturas ao alumnado. Esta vez foi Óscar, papá de Olga, quen leu para os máis peques do cole "Monstruo rosa".


 Moitas grazas Óscar!

5/2/18

O OSO E O PIANO

Rita, a nai de Félix presentou outra novidade da nosa Biblioteca: O oso e o piano. Escolleuno polas fermosas ilustracións, pola tenrura da historia e polas mensaxes que transmite: a tenacidade do oso para aprender, a maxia da música e o valor da amizade.
Quedamos namorados deste oso e dos seus amigos.
 



 

25/1/18

EL SEÑOR FLUX

Un dos recén chegados á nosa biblioteca, unha proposta para o cambio, para mudar a nosa ollada e apreciar beleza nas cousas máis pequenas, atrevernos a probar e construir, a ser orixinais e creativos. Un conto baseado no movemento Fluxus.
 A encargada de presentalo foi María, a mamá de Amalia, coa que ademais mantivemos unha animada conversa.


 Unha interesante aportación para o  proxecto de arte no que estamos traballando.
Moi agradecid@s María.

17/1/18

PROPOSTA DÍA DA PAZ: ESCULTURA

Elaborar unha escultura pola Paz será a próxima misión do noso proxecto deste curso. Antes de nada haberá que documentarse e inspirarse. 
Facer unha busca na rede das esculturas pola Paz que existen en diferentes lugares pode ser un bo comezo.
Pero se ademais vos queredes inspirar nun escultor moi orixinal, dende a Biblioteca propoñemos coñecer a obra de Alexander Calder.
Buscade este libro, recén chegado á nosa Biblio:
         
        

E neste vídeo coñeceremos a este artista e a súa obra: 

      

 As nosas esculturas deberán ter un título, nome dos autores/as e unha breve explicación do que queremos comunicar con ela.


18/2/17

NOVOS LIBROS QUE MIRAN Á NATUREZA

Marta, a mamá de Carlos e Alejandro, presentou dúas novidades da nosa Biblioteca:
"A árbore da escola", un libro que convida a mirar ao noso carón, ás nosas árbores do patio, que cada ano nos dan sombra, froitos, osíxeno... 
"Catro cascarolos", a viaxe de catro caracoliños que se teñen que mudar porque a súa casa é invadida por lousas e cemento, unha narración con todos os ingredientes para atraer a atención dos primeiros lectores.
 


MOITAS GRAZAS, MARTA!

25/3/14

LIBROS PARA SENTIRSE BEN

Chegaron á nosa Biblioteca dous libros para aprender a coñecernos ben e axudar a sentirnos mellor.
"Emocionario", un percorrido paso a paso polas distintas emocións identificándoas polas súas características e poñéndolle nome:


"Yoga para niñas y niños",de Ruth Campos Cabello recomendado polo mestre de Educación Física, cunha serie de actividades e xogos para coñecer e coidar o noso corpo, aprender a concentrarse e relaxarse e, como non, divertirse. Iclúe cd e dvd.


4/10/13

NOVIDADES PARA OS MESTRES

Novos libros a disposición do profesorado, achegados pola coordinadora do noso Plan de Formación Permanente:
De Juan Vaello Orts, "El profesor emocionalmente competente" e "Como dar clase a los que no quieren"

26/2/12

AVENTURAS DUN CIBERPIRATA

Para os lectores e lectoras máis avanzados temos xa  as aventuras de  Xoeliki: un neno de once anos, videoxogos, un virus en internet, amigos e tamén algún inimigo... esperamos que guste.
O autor é Maties Segura, o ilustrador Abraham Carreiro.



                              

14/2/12

ALGO DE POESÍA

Entre as novas adquisicións da Biblioteca atópase "Cantiga do mazarico" de Emilio Pita, ilustrado por Isabel Pintado. Pertence á serie de poesía LÚA LUEIRA da editorial Espiral Maior. Inspirada na cantiga popular do mazarico, é un deses libros que encantan aos pequenos lectores, pola sonoridade, pola repetición, polo ritmo...
Pódense ler e escoitar en Orella Pendella
algunhas versións desta cantiga.


Para lectores máis avanzados "O meu gato é un poeta" de Fran Alonso, Edicións Xerais, amósanos unha forma divertida e orixinal de facer poesía. Inclúe CD.

O autor ofrécenos unha recopilación de recursos para traballar con este libro

23/10/11

LIBROS QUE SORPRENDEN

Acaban de ocupar o seu lugar nos andeis varios libros da Editorial MacMillan, cheos de sorpresas e de contidos interesantes:
Da serie "Asombrosos 3D" , os títulos OCÉANOS, SELVAS, PLANETA TIERRA, SISTEMA SOLAR...




...e tamén "Abracadabra, que tu cuerpo se abra", interactivo, con desplegabes e lapelas para descubrir  o interior do noso corpo.                                                                                Polo tema que tratan, saberás o andel onde atopalos?