Este curso fomos incorporando novas lecturas e películas á nosa Biblioteca para facela máis diversa e inclusiva, para que os nosos usuarios e usuarias teñan acceso a coñecer e comprender outras realidades sociais diferentes da súa, para avanzar nunha convivencia saudable e solidaria. Imos reunindo estes materiais neste taboleiro de Pinterest.
Como sempre as familias nos axudan na tarefa de ler e presentar lecturas ao alumnado. Esta vez foi Óscar, papá de Olga, quen leu para os máis peques do cole "Monstruo rosa".
Moitas grazas Óscar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario