Mostrando entradas con la etiqueta Camiños a Santiago. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Camiños a Santiago. Mostrar todas las entradas

27/6/16

FIN DE PROXECTO

Ao longo da Historia, homes e mulleres desplazáronse dun lado a outro por diversas razóns: para buscar un lugar onde establecerse, para comerciar, para conquistar, para coñecer... Nese ir e vir de moitas persoas durante moitos séculos espalláronse linguas, música, arte e costumes que enriqueceron a uns e outros, engrandecendo o patrimonio cultural da Humanidade.
Neste curso percorremos  rutas Xacobeas, de especial relevancia na nosa Comunidade, desenvolvendo moitas habilidades e apropiándonos de coñecemento.
Expuxemos os nosos traballos para as nosas familias e rematamos degustando a torta de Santiago que preparou a clase de 1º.

Álbum de fotos


Podemos ver todo no blog do proxecto: 
http://peregrinodeleirado.blogspot.com.es/

2/5/16

O LIBRO, VAIA HISTORIA!

Rematamos as actividades de abril co programa mensual da Voz da Escola, esta vez a cargo do grupo de 3º, que investigou sobre a Historia do libro.




http://www.me.gov.ar/efeme/15dejunio/historia.html

18/3/16

POESÍA NOS CAMIÑOS

Para celebrar este ano o Día da Poesía, achegámonos ás manifestacións da poesía tradicional e de transmisión oral, dentro do proxecto "Camiños a Santiago". Igual que os camiños trouxeron e levaron dende sempre esta literatura, o noso alumnado levou os seus recitados polas aulas da escola. Rematamos a semana coa presentación do traballo de 5º e 6º, froito da súa investigación.

                
             
                

                

                

14/2/16

ENTROIDO 2016

Chegou o Entroido e seguimos aprendendo. Elaboramos os nosos disfraces coa temática do Camiño de Santiago e a Idade Media:
  • Xograres e trobadores, que luciron instrumentos elaborados na aula de música.
  • Pousadeiros  e pousadeiras medievais.
  • Monxes medievais, cos seus manuscritos.
  • Cabaleiros e damas.
  • Peregrinos e peregrinas.
  • Os tiraboleiros, co seu botafumeiro.
                 

19/1/16

EXPERTOS NO CAMIÑO

Hoxe recibimos na Biblioteca a Xosé Luis Cid e os seus compañeiros da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago Via da Prata (Ourense), que nos viñeron transmitir a súa experiencia como camiñantes e o seu saber sobre este tema.


Descubrimos algunhas curiosidades que non sabiamos, aclaramos dúbidas e fomos partícipes das súas andainas e da súa sabedoría. Moi agradecidos por esta colaboración desinteresada e entusiasta.

17/12/15

PREPARACIÓN DO CAMIÑO

Durante este trimestre lemos, investigamos e falamos sobre o Camiño de Santiago, pasamos das ideas que tiñamos a saber algo máis e interesarnos polo tema do noso proxecto. Realizamos algúns traballos para ambientar o colexio e para compartir o que imos sabendo. Accede ao álbum de fotos:

11/12/15

COMPOSTELA EN RELATOS

Autoría da imaxe: Juan Mejuto
Chegou á nosa biblioteca unha serie de relatos a través dos que se coñecen diversos aspectos da cidade de Compostela: "Branco de Cores", un dos cabaliños da Fonte de Praterías, é o encargado de levarnos polas rúas de Santiago.
Presentou os libros a profe Luz, ao alumnado de 5º e 6º, facendo despois a lectura dun deles, Peregrino na sombra, onde entre outras cousas puidemos saber cal é a secuencia dos chamados Anos Santos, é dicir, cada canto tempo se produce que o día 25 de xullo cadra en domingo.
Quedan xa na nosa selección de materiais para o proxecto "Camiños a Santiago".

16/11/15

INVESTIGANDO POLO SAMAÍN

Investigamos sobre seres terroríficos de pedra, as gárgolas e outras esculturas que decoran catedrais e  antigos edificios, despois da lectura do Día da Biblioteca.







Descubrimos na exposición do Samaín que as cabazas tamén se poden secar e utilizar como recipientes, como as que usaban os antigos peregrinos para transportar a bebida:

  
E moito máis sobre este froito de outono, que investigaron os nenos e nenas de 4º e compartiron na "Voz da escola":

26/10/15

SAR, SARELA, E OS MONSTROS DE COMPOSTELA

Aquí deixamos a lectura do Día da Biblioteca para quen queira escoitala de novo. Grazas a Carla, Leticia, Laura, Yeneva, Kevin e Anxo.
                    
                    

22/10/15

DÍA DA BIBLIOTECA: OS MONSTROS DE COMPOSTELA

Un grupo de voluntarios e voluntarias axudantes da biblioteca abrirá este curso as lecturas compartidas con "Sar, Sarela, e os monstros de Compostela" no Día da Biblioteca. No fío da narración daránnos a coñecer as antigas esculturas terroríficas que adornan os tellados dalgunhas construcións en Compostela: as gárgolas.
Investigaremos sobre estas figuras monstruosas para elaborar o noso particular "Bestiario". Ademais de consultar os libros, tamén poden ser útiles estas ligazóns:

           "Camiños a Santiago" será o noso Proxecto deste curso:

20/10/15

FAMILIAS LECTORAS

No boletín informativo da Biblioteca incluimos a convocatoria para este curso da actividade "Familias Lectoras". Un ano máis compartiremos lecturas e conversas arredor delas.