Mostrando entradas con la etiqueta chapas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta chapas. Mostrar todas las entradas

10/4/24

APRENDENDO OS TIPOS DE PLANOS






Durante o mes de febreiro, o alumnado de terceiro estivo aprendendo sobre os diferentes tipos de plano que se poden atopar nunha película, para así telo en conta cando teñan que gravar a súa curtametraxe.


Primeiro viron dous vídeos onde lles explicaban, logo xogaron a adiviñar e por último levaron a práctica.


Os catro planos aprendidos foron: 

  • plano xeral

  • plano medio

  • primeiro plano

  • plano detalle.


Creo que estes 4 tipos de planos quedaron ben claros.!



5/2/24

3ºEP: OBRADOIRO DE DISFRACES COAS FAMILIAS

 Estaba moi preto o entroido e o alumnado de terceiro comezou a confeccionar o seu disfraz. Durante unha tarde tamén tiveron a compañía das familias que viñeron botar unha man. 

Os disfraces de superheroes e superheroínas quedaron por fin listos para o desfile.


2/2/24

ELABORAMOS CHAPAS PARA O DISFRAZ

 O alumnado de primeiro estivo a elaborar o seu disfraz para o entroido que tamén será o vestiario da súa curtametraxe e necesitaban unhas chapas para poñelas na súa banda de exploradores, así que púxeronse mans á obra.


15/12/23

CLUB DE LECTURA DE 5º E 6º

 No mes de decembro realizamos os primeiros clubs de lectura do curso.

O alumnado de 5º e de 6º gozaron dunha xuntanza moi divertida na que falaron sobre os libros lidos e tomaron unha rica merenda ao mesmo tempo.

En  6º de primaria falaron sobre o libro de Agustín Fernandez Paz chamado "desde unha estrela distante".

Por outra banda, as rapazas e rapaces de 5º de primaria falaron sobre o libro "Xoeliki, as aventuras dun ciberpirata"  de Abraham Carreiro.


Tamén fixeron unhas chapas cos logo dos clubs de lectura: os pelagatos e os pescalibros!!!