Familias

Aprendemos oindo, vendo, e vivindo experiencias, pero sobre todo, lendo. A lectura está presente en todos os ámbitos da vida en sociedade, actualmente tamén no ordenador e outros dispositivos. Para que os nenos e nenas sexan bos lectores, o labor da familia é imprescindible, como modelos e como guías.
Deixamos neste espazo algúns enlaces a páxinas que consideramos interesantes e fiables :

LECTURA LAB: Laboratorio de lectura da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, consellos para potenciar a lectura dende a familia.                  

FAMILIA Y MÁS: Espazo da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, con moitos recursos.
BOOLINO: Como facer dos teus fillos grandes lectores.
FAMILIAS LECTORAS EN RED. Junta de Andalucía
BEBETECA (Bibliotecas Municipais da Coruña): moitas ideas e propostas para os máis peques da casa.  

CRECE LEYENDO CONMIGO. Leer.es



AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Esta é unha actividade para fomentar a lectura, na que se ofrecen materiais diversos para que cadaquén poida atopar algo que sexa do seu interese. Toda a familia pode utilizala, compartir as lecturas ou conversar sobre elas. Non hai obriga. No caderno cada lector ou lectora pode comunicar libremente o que desexe sobre a súa experiencia coa mochila. 


AQUÍ PODEMOS VER EXEMPLOS DOS CADERNOS que nos chegan  de volta e que todos e todas gostamos de ver. 
                              

FAMILIAS LECTORAS

Xa van moitos cursos que comezábamos esta proposta que tantos bos momentos lectores leva creado. Algunhas delas nesta lista de reprodución.

              

No blog imos deixando a pegada de todas as familias participantes, que agora xa son moitas!

 
  
Correo electrónico para calquera petición ou suxestión: 


abibliodeleirado@gmail.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario