Mostrando entradas con la etiqueta libros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta libros. Mostrar todas las entradas

14/10/24

LIBROS RELACIONADOS CO PROXECTO: IMOS FACER HISTORIA

Este curso o noso proxecto vai de historia e por iso,  para completar a nosa colección de libros desta temática, compramos algúns exemplares máis:


Algúns deles son os seguintes:

  • Antiguo Egipto,100 cosas que deberías saber,Walker Jane.Ed. Susaeta

  • La Prehistoria,Gallimard Jeunesse. Ed.Boadilla del Monte.

  • Mi gran libro de respuestas,dinosaurios.Ed.Planeta

  • La loca historia de la humanidad:la antigua Roma,Alex López.Ed Montena

  • Antigua Grecia,javier Alonso López.Ed Shackleton.

  • Los caballeros,Sibylle Rieckhoff.Ed SM

  • El misterio de Tuntakamón.Sally Morgan.Edt Boadilla del Monte.

  • Historia,Olivia Brookes.Edt Libsa.

  • Mi pequeña historia del mundo,Bertrand Fichou.Edt SM

  • Mitologías del mundo,Ana Alonso.Edt Anaya.

  • Os bolechas, historia de Galicia, Pepe Carreiro, Edit. Bolanda.                 

12/5/21

CUARTO COMPARTE LECTURAS

A clase de 4º preséntanos unha selección de lecturas para todos os gustos, que se animaron a preparar para compartir con todos e todas. Aquí queda para que escollades e coñezades estas historias que andan pola nosa Biblioteca. De seguro que o próximo curso serán uns estupendos voluntarios e voluntarias!

Moitas grazas!!

26/10/17

LECTURAS DE MEDO

Lecturas para acompañar a celebración do Samaín:

8/6/17

QUE FAI FALTA?

As nenas e nenos de 3 e 4 anos presentan Que fai falta? de Gianni Rodari, un album ilustrado por Silvia Bonanni, que nos fai entender que as plantas nos dan máis cousas do que pensamos...

         

16/12/15

ESTE NADAL, LIBROS E VIAXES

Xa que este curso vai ser moi viaxeiro, as nosas recomendacións para pedir ou agasallar este Nadal son libros que nos achegan a distintos lugares, reais ou imaxinarios. 


11/12/15

COMPOSTELA EN RELATOS

Autoría da imaxe: Juan Mejuto
Chegou á nosa biblioteca unha serie de relatos a través dos que se coñecen diversos aspectos da cidade de Compostela: "Branco de Cores", un dos cabaliños da Fonte de Praterías, é o encargado de levarnos polas rúas de Santiago.
Presentou os libros a profe Luz, ao alumnado de 5º e 6º, facendo despois a lectura dun deles, Peregrino na sombra, onde entre outras cousas puidemos saber cal é a secuencia dos chamados Anos Santos, é dicir, cada canto tempo se produce que o día 25 de xullo cadra en domingo.
Quedan xa na nosa selección de materiais para o proxecto "Camiños a Santiago".

22/4/14

COMO SE FAI UN LIBRO?

Hoxe recibimos na Biblioteca a Laura Rodríguez Herrera, de Hércules Edicións e máis a Minia Martínez Seijas, ilustradora. Viñeron a explicar con detalle o proceso da elaboración dun libro ao alumnado de 3º ciclo. Así o relatan os nenos e nenas de 6º:


Esta visita foi para mostrarnos un pouco como é a industria do libro.(Sara)
A función dunha editorial é crear libros para gardar a información. (Alfonso)
Primeiro se necesita unha boa idea e un título bonito.(Yago)
O máis importante é a portada. (Rubén)
Despois de escribilo hai que mandarllo á editorial por correo electrónico, para que eles elixan o que lles parece mellor para publicar. (Brais)
A editorial pode mandar traducir ao idioma que o escritor lle pida e encargará os debuxos a un ilustrador. (Marta)
Corrixen a ortografía e despois  envíano á imprenta. (Sergio)
Un papel moi grande vaise dobrando dunha determinada maneira, con iso fanse unha especie de cuadernillos que se cosen ao lombo do libro. (Brenda)
Hai moitos tipos de follas, as máis finas se usan para novelas, outras máis grosas para contos de nenos... (Gabriel)
Tamén hai diferentes tons de branco. (Cristian)
As máquinas que poñen o color utilizan o negro, cyan, magenta e amarelo. (Alfonso)
E se precisas unha foto dun lugar teñen que chamar a un fotógrafo e pagarlle, non se poden sacar de internet. (Bruno)
Unha tirada é a cantidade de exemplares, aquí en Galicia pode ser entre 1.000 e 1.500. (Cristian)
Todo o proceso tarda bastante tempo, dependendo do libro que sexa, pode ser entre dous meses e un ano. (Sergio)
Ensináronnos fotos de imprentas antigas e novas. (Michael)
Non imaxinaba así todo este proceso. (Sara)
Nunca pensei que un libro dera tanto traballo. (Brenda)
Foi moi interesante e aprendín moitas cousas. (Michael)


25/3/14

LIBROS PARA SENTIRSE BEN

Chegaron á nosa Biblioteca dous libros para aprender a coñecernos ben e axudar a sentirnos mellor.
"Emocionario", un percorrido paso a paso polas distintas emocións identificándoas polas súas características e poñéndolle nome:


"Yoga para niñas y niños",de Ruth Campos Cabello recomendado polo mestre de Educación Física, cunha serie de actividades e xogos para coñecer e coidar o noso corpo, aprender a concentrarse e relaxarse e, como non, divertirse. Iclúe cd e dvd.


29/1/14

PREPARANDO O DÍA DA PAZ

A comunicación é a mellor das armas para mellorar a convivencia. Expresar  e tamén escoitar, dúas cousas que andamos a aprender e practicar. Para celebrar o Día Escolar pola Paz escribimos cartas, cartas coas mellores intencións, con mensaxes que mañá recolleremos cada un de nós, sen importar de quen veñan, porque ... a quen non lle gusta recibir unha carta?

 

Hai moitos libros que nos están acompañando nesta tarefa, lecturas para o lecer e para aprender:



E velaquí a canción que escoitamos estes días nas entradas e saídas, coa letra para cantar:

                            

10/4/13

CONTOS E DENTES

Paula a mamá de Álvaro, achegouse á biblioteca para lernos un conto, e elixiu este sobre o rato dos dentes, o rato Pérez. 
O tema é interesante e misterioso, así que escoitamos con moita atención.
Grazas a Paula por esta nova sesión de contacontos.



Para seguir lendo sobre este tema, queremos mostrar outros libros que falan sobre os dentes que caen, e sobre ese ratiño tan famoso, ademais doutras tradicións semellantes noutros lugares do mundo:





Ademais na biblio tamén podedes atopar a película "Pérez, el ratoncito de tus sueños". Mira un avance...

            

7/1/13

CALENDARIO DO LIBRO E A LECTURA

A Secretaría Xeral de Cultura fixo público o pasado 30 de novembro, Día das Librerías, este cartel con datas relevantes e diversas celebracións que, ao longo de 2013, serán un bo motivo para achegarnos aos libros, autores e lecturas e para afondar no coñecemento e tamén disfrute das nosas letras:


5/6/12

DÍA MUNDIAL DO AMBIENTE

O Día Mundial do Ambiente é un programa das Nacións Unidas que convida a actuar en beneficio da Terra e da Biodiversidade. 

As nosas recomendacións para o día de hoxe:

"Yo seré los ojos de la Tierra", album ilustrado, belas imaxes e pensamentos. Se aínda non o coñeces, pídeo na Biblioteca.


"O home que plantaba árbores", un conto imprescindible en que se pon en valor a perseverancia e o amor pola vida e a natureza. Na sección de familias   (o noso exemplar leva un cd con audioconto).



3/5/12

MÁIS SOBRE AS LECTURAS COMPARTIDAS

A clase de 4º tamén nos quere lembrar as lecturas da semana pasada, recollendo as súas impresións e lembranza no seu blog de aula:
E sobre as vosas lecturas, rapazas e rapaces, chégannos estas actividades da Biblioteca do CEIP Agro do Muiño, que casualidade, moitas grazas! Premede na imaxe para acceder a elas:

2/5/12

CONFUNDINDO HISTORIAS

A clase de 2º quere relatar un dos contos que lles leron os compañeiros de 3º a semana pasada. Escoitemos de que se trata "Confundindo Historias", de Gianni Rodari.


                               

Ademais tamén nos agasallan cos resumes dos demais contos que lles leron:

                                 

25/4/12

AS RECOMENDACIÓNS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Os nenos e nenas de 4 e 5 anos amósannos os seus libros preferidos:

                              

18/4/12

BRENDA FALA DE... "LA ISLA DE NIM"

Brenda, de 4º, viu, coma case todos os martes no recreo, á Biblioteca. Viña a devolver "La isla de Nim", de Wendy Orr, e quixo compartir connosco este libro.

                   
                 

Basada neste libro fíxose unha película que, xa que Brenda o recomenda, podemos ver o trailer:


                          

17/4/12

A CLASE DE TERCEIRO RECOMENDA...

Os nenos e nenas de terceiro quérennos falar dun libro que levaron para a súa biblioteca de aula:
A casa de vidro do señor Clin, de Gloria Sánchez.

                         


                                        

21/3/12

NO DÍA DA POESÍA

Nesta semana de celebración do día mundial da poesía, temos o pracer de volver contar cun exemplar dun libro perdido: "Os soños na gaiola" de Manuel María. Nel atopamos poemas de sempre, vellos coñecidos, dos que eliximos "O río", xa que sobre o río andamos a traballar.

Escoitádeo cantado por Suso Vaamonde:




                               



O río pasa correndo                                                  A todos di seu cantar
non se para con ninguén.                                           con escuro e claro son,
O río canta pras cousas                                             ¡a todos di seu cantar,
e canta pra min tamén.                                               anque llo escoiten ou non!

¡O río canta pras arbres                                             Non lle preguntes ao rio
paxareiras da ribeira!                                                 a onde vai, de onde ven.
¡O río canta pros prados                                            ¡O río pasa correndo!
e pras nubes viaxeiras                                                 ¡O rio non se entretén!

                    O rio pasa correndo
                     nunca deixa de pasar.
                     ¡Vai dicindo a súa canción
                     e non se pode parar!

26/2/12

AVENTURAS DUN CIBERPIRATA

Para os lectores e lectoras máis avanzados temos xa  as aventuras de  Xoeliki: un neno de once anos, videoxogos, un virus en internet, amigos e tamén algún inimigo... esperamos que guste.
O autor é Maties Segura, o ilustrador Abraham Carreiro.



                              

14/2/12

ALGO DE POESÍA

Entre as novas adquisicións da Biblioteca atópase "Cantiga do mazarico" de Emilio Pita, ilustrado por Isabel Pintado. Pertence á serie de poesía LÚA LUEIRA da editorial Espiral Maior. Inspirada na cantiga popular do mazarico, é un deses libros que encantan aos pequenos lectores, pola sonoridade, pola repetición, polo ritmo...
Pódense ler e escoitar en Orella Pendella
algunhas versións desta cantiga.


Para lectores máis avanzados "O meu gato é un poeta" de Fran Alonso, Edicións Xerais, amósanos unha forma divertida e orixinal de facer poesía. Inclúe CD.

O autor ofrécenos unha recopilación de recursos para traballar con este libro