Mostrando entradas con la etiqueta coñecer a biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta coñecer a biblioteca. Mostrar todas las entradas

21/10/24

FORMACIÓN USUARIOS: ALUMNADO

Durante o mes de outubro,  estivemos realizando a formación de usuarios para todo o alumnado do cole.

Recordamos moitas cousas: os préstamos e as devolucións, como se organizan os libros polas estanterías, onde están as películas e a música, a CDU, o noso rincón de roboteca argalleira, os xogos, a cociña... e moitas cousas máis.




1/2/23

OS NOSOS VOLUNTARIOS E AS NOSAS VOLUNTARIAS NA BIBLIOTECA:

 
Sabedes cales son as funcións do noso voluntariado?

Son moitas as actividades que realizan na nosa biblioteca. Eles e elas, ademais de ordenar os libros nas estanterías, forrar os contos novos e manter a biblioteca en orde, tamén teñen outras moitas funcións:

  • Organizar e dirixir os obradoiros na biblioteca.
  • Grabar anuncios na radio escolar.
  • Ler contos aos máis pequenos.
  • Facer contacontos polas aulas en celebracións puntuais (samaín, nadal, día do libro, día da poesía...)
  • Revisar o buzón de suxerencias.
E outras moitas cousas máis...






31/10/22

SEMANA DAS BIBLIOTECAS

 Ao longo desta semana no CEIP Plurilingüe de Leirado celebramos a semana das bibliotecas escolares:

- Primeiro fixemos a entrega das mochilas viaxeiras e de igualdade, para así comenzar o percorrido polas casas.



- Elaboramos unha xincana  con diferentes preguntas por ciclo para a formación de usuarios co fin de aprender a desenvolvernos na nosa biblioteca.







- Os máis pequenos  tamén disfrutaron desta xincana axudados coas  explicacións de Pacho Librín para coñecer os dintintos recunchos da biblioteca.
 









3/10/16

ABRIMOS AS PORTAS

Hoxe comezamos cos recreos de Biblioteca, sabemos que agardades impacientes pero os equipos de axudantes estiveron traballando moito estes días para que todo estivese listo canto antes. Incorpóranse os voluntarios e voluntarias de 5º que se puxeron ao día con moito interese.







 Todos dispostos a colaborar para que aproveitedes ben o que a biblio vos pode ofrecer. 
AGARDÁMOSVOS!!

1/10/15

ABRIMOS!!

Xa temos novo grupo de axudantes da Biblioteca, que levan días traballando  e formándose para colaborar no servizo de préstamos e organización.  




Así nos presentaban os nenos e nenas de 6º a apertura da Biblioteca e un avance do proxecto deste curso.

 
E aquí estamos xa en marcha, con moita ilusión:



27/10/14

MATEMÁTICAS NA BIBLIOTECA

Celebramos o Día da Biblioteca con distintas actividades ao longo da xornada:
 Explorando nos libros e buscando contidos matemáticos, sacando citas do seu interior e publicándoas no corredor: 
 

Lendo contos que nos acheguen ás matemáticas a través das súas historias...




Aos nenos e nenas de segundo gustoulles tanto "Once damas atrevidas" que fixeron a súa propia versión "Once neno@s divertid@s"



Os novos lectores e lectoras de tres anos aprenderon as normas da Biblioteca:


 E rematamos levando un marcapáxinas conmemorativo, que nos acompañe nas nosas lecturas ao longo do curso.


10/10/11

EXPLORANDO NA BIBLIOTECA

O alumnado de 6º realizou este mural que está no taboleiro da entrada. Nel preséntase a Biblioteca como un mundo imaxinario no que imos desembarcar para explorar e descubrir...


O alumnado de 1º e 2º colocará no mural portadas distribuidas por seccións.
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, cubrirá a seguinte ficha:


Pista: as dúas cifras da etiqueta.
Tarefa: diríxete ao andel indicado, por exemplo neste caso o nº 6. Busca o nº que está na ficha (neste caso 61), elixe un libro dese grupo, completa a etiqueta e cubre os datos que se piden. Coloca o teu "descubrimento" no panel do interior da Biblioteca.

Realiza estas ACTIVIDADES

Ao remate, recibirás o teu "Carné de explorador".