Mostrando entradas con la etiqueta tablets. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tablets. Mostrar todas las entradas

12/6/24

CREAMOS CURTAMETRAXES

 Chegou o momento de gravar a nosas curtas, e por iso no cole soamente se escoita: Silencio! Gravando! Acción!

En calquera recuncho podemos atopar algún curso gravando. Ben sexa no patio ou baixando as escaleiras, na biblioteca ou no despacho da dire, tamén no parque de infantil ou mesmo durante a camiñata da Milla.


O bo de todo isto é que non molestamos a nadie e tampouco nos pisamos o traballo. 

10/6/24

USANDO O CHROMA PARA A NOSA CURTAMETRAXE

 Durante o mes de xuño, as aulas convertíronse en estudos de gravación e o mesmo ocorreu coa biblioteca que tivo moita demanda.

O alumnado de infantil e o alumnado quinto de primaria, usaron o chroma para as súas producións na curtametraxe. 

3/6/24

CREAMOS BANDAS SONORAS

O alumnado de terceiro creou, en equipos cooperativos, tres cancións para a banda sonora da súa curta. 

Utilizaron unha aplicación de Intelixencia artificial chamada SUNO. Cada equipo tiña que elaborar un documento resolvendo as preguntas que se lles plantexaba. 

Aquí debaixo podedes escanear o código QR e escoitar as cancións, ou tamén podedes clicar no seguinte enlace e escoitalas.


B.S.O “O caso da milla”