Na materia de Valores, Nahir e Álvaro crearon este conto durante moitos días. A súa curiosidade levounos a emprender este pequeno proxecto, no que coñeceron as características das persoas con TEA e pensaron fórmulas de comunicación e relación. Investigaron preguntando a quen sabe disto: a nosa orientadora, ao profe de PT, á coidadora, á mestra de AL e á mestra titora. Traballaron empregando o picto-traductor, e colaborando entre os dous no desenvolvemento da historia. Agora quérenllo regalar a Lito, pero tamén quedará un exemplar na Biblioteca e aquí mesmo, para quen goste de velo.
Mostrando entradas con la etiqueta comunicación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta comunicación. Mostrar todas las entradas
9/2/19
4/5/18
INTERPRETAR OBRAS DE ARTE
Despois de todo un curso en contacto con moi diferentes manifestacións artísticas, sendo xa case expertos e expertas, deixamos aquí esta guía para ler obras de arte e poder comentalas do xeito que cadaquén prefira. Ánimo LeirARTISTAS!
Etiquetas:
comunicación,
Educación Artística,
LeirARTE,
recursos
19/2/17
APRENDENDO SOBRE A LINGUA DE SIGNOS
A nosa ANPA agasallounos con esta actividade que nos achegou esta outra forma de comunicación entre persoas. Mergullámonos nela da man de Nandaz e as súas intérpretes, Eva e Patricia, da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.
Descubrimos un mundo de significados a través da lingua de signos española (LSE), como o noso corpo pode dicir todo sen usar a voz. Aprendimos como dirixirnos a unha persoa xorda e como é o seu día a día. E sobre todo vimos que as diferenzas entre persoas sempre aportan enriquecemento.
Pasámolo xenial.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
