Na materia de Valores, Nahir e Álvaro crearon este conto durante moitos días. A súa curiosidade levounos a emprender este pequeno proxecto, no que coñeceron as características das persoas con TEA e pensaron fórmulas de comunicación e relación. Investigaron preguntando a quen sabe disto: a nosa orientadora, ao profe de PT, á coidadora, á mestra de AL e á mestra titora. Traballaron empregando o picto-traductor, e colaborando entre os dous no desenvolvemento da historia. Agora quérenllo regalar a Lito, pero tamén quedará un exemplar na Biblioteca e aquí mesmo, para quen goste de velo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario