Mostrando entradas con la etiqueta mochilas viaxeiras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mochilas viaxeiras. Mostrar todas las entradas

26/11/25

25N: MOCHILAS VIOLETAS DE IGUALDADE

 A semana do 25 de novembro demos saída ás mochilas violetas que, como xa sabedes, van cargadiñas de libros de igualdade.

Este curso, como novidade, aumentamos o número de mochilas e contamos cun total de 9 mochilas violetas, unha por curso. Anteriormente so tiñamos unha mochila por ciclo.

Espero que disfrutedes delas na casa e as utilicedes para reflexionar coas vosas fillas e fillos sobre a importancia da igualdade entre homes e mulleres.

24/10/25

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: MOCHILAS VIAXEIRAS

O 24 de outubro, para celebrar o "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES", entregamos  as mochilas viaxeiras polos distintos cursos. 10 mochilas que van a viaxar polos fogares do noso alumnado e enchelas de bonitas historias.





25/11/24

25N: CONTACONTOS POLAS AULAS E MOCHILAS VIOLETAS

Para reivindicar o día da eliminación da violencia contra a muller, as mestras e os mestres do noso cole repartíronse polas aulas para ler un conto de igualdade na hora de ler.

Ademáis desta actividade, hoxe tamén puxemos en marcha as mochilas violetas, que viaxarán polas casas do noso alumnado levando contos de igualdade e coeducación.

24/10/24

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para celebrar o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, damos saída ás mochilas viaxeiras por todas as aulas de infantil e de primaria:





30/11/23

MOCHILAS VIAXEIRAS VIOLETAS

Aproveitando a conmemoración do 25 de novembro, "Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres", Dende a biblioteca repartíronse as MOCHILAS VIAXEIRAS VIOLETAS, que viaxarán por todos os fogares dos nosos alumnos con contos libres de sexismo, que fomentan a igualdade  e destrúen estereotipos de xénero.




24/10/23

ENTREGA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Aproveitando o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, Pacho Librín repartiu as mochilas viaxeiras por todos os cursos do cole. 
Esta vez son nove as mochilas que comezan a viaxar polos fogares do noso alumnado, enchéndoas de imaxinación e historias increíbles. Agardamos que vos gusten e gocedes delas.







26/10/20

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2020

 Os "Días de" serven para visibilizar, para concienciar, para poñer en valor...

No Día das Bibliotecas lembramos o seu sentido como lugares de encontro coa cultura e o coñecemento, e como lugares de reunión para compartilo. 

Este curso o lema "Sempre ao teu carón" ten un significado especial porque tamén en circunstancias difíciles este servizo é imprescindible.

A nosa Biblioteca ofrécevos hoxe un percorrido virtual para coñecela ben e saber usala; entra e explora, da man do alumnado voluntario de 5º, todas as posibilidades que ofrece, e aprende coas actividades que atoparás, para todos os niveis. Adiante!!! Aquí en pantalla completa

Ademais achegámosvos parte dos nosos fondos, variados en temática e formato, para que cadaquén poida utilizar o que lle guste, interese ou necesite, e compartilo en familia.   As mochilas viaxeiras  sairán hoxe para as primeiras casas. 


Para o cumprimento do protocolo sanitario e garantizar a máxima seguridade, gardaremos catro días de descanso entre casa e casa, coa seguinte secuencia:



Boas Lecturas!



8/6/19

VOLTARON AS MOCHILAS, ENRIQUECIDAS

Voltaron as mochilas viaxeiras á Biblioteca, despois de percorrer as casas durante o curso e de moitas vivencias cos lectores e lectoras. 
O contido, en libros, revistas, películas e música, é unha oferta da Biblioteca, que cadaquén utiliza como queira, ou mesmo non utiliza, porque a lectura ten que ser así, libre e de propia vontade. Pero para poder escoller hai que coñecer, por iso as nosas mochilas viaxan, para que ningún recuncho da nosa Comunidade Educativa quede sen oportunidade de coñecer.
Cando recollemos os cadernos, recollemos tamén a experiencia lectora que quixestes compartir cos demais e vela ponnos moi contentas, a Pacho e ás mestras. Sempre.
Moitas grazas!


19/10/17

SAEN AS MOCHILAS

Cargadiñas de lectura: libros, revistas, discos, películas... variadas e para compartir en familia, sen compromiso, escollendo o que a cadaquén lle guste.
Un grupo dos axudantes de 6º fixeron a entrega, aos primeiros de cada clase que levarán a mochila. Permanecerán nas aulas ata que pasen por todas as casas. 
Desexamos que sexan do voso agrado e que vos aporten bos momentos de lecer e coñecemento!

25/10/16

NO DÍA DA BIBLIOTECA, AS FABAS MÁXICAS

Esther, Joel e Xeila, voluntarios de 6º, prepararon para nós a lectura de "As fabas máxicas". No Día da Biblioteca reunímonos para escoitar este fantástico conto e a continuación recibir as mochilas viaxeiras, cargadas de novas experiencias lectoras.


 Grazas aos tres por ofrecernos esta sesión de lectura!
Aquí quedan algunhas actividades sobre o conto. 
Velaquí o conto en canción:

          

21/10/16

CHEGA O DÍA DA BIBLIOTECA

O próximo día 24, como tantas veces coa axuda do alumnado voluntario, celebraremos o Día da Biblioteca cunha lectura en voz alta para todo o cole e tamén facendo entrega das mochilas viaxeiras deste curso, que están desexando xa visitar as nosas casas.

18/10/15

MOCHILAS EN MARCHA!

De novo saen as mochilas para as casas, este curso son 13, cargadas con lectura variada para toda a familia: ficción, información, revistas, películas, música... para compartir ou para goce persoal, sen obrigas. Agardamos os vosos comentarios sobre esta actividade.


12/4/15

CADERNOS DAS MOCHILAS

Chegada esta altura de curso botamos unha ollada aos cadernos das mochilas viaxeiras e atopamos moitas mensaxes dos lectores e lectoras e das súas familias. Grazas por compartir as vosas opinións cos demais e parabéns por saber sacar bo partido dos contidos das mochilas.

7/10/14

SAEN AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Chegou o momento de que as Mochilas Viaxeiras comecen o seu percorrido polas nosas casas, para compartir lecturas coas nosas familias, para ter oportunidade de elixir o que queremos nos  momentos de lecer, para ter a man lecturas ben seleccionadas para nós que nos enchan de historias e de moito coñecemento.
De cada aula saimos hoxe para dirixirnos á Biblioteca a recoller as mochilas que nos corresponden.
 Feliz andaina e boas lecturas!