Os "Días de" serven para visibilizar, para concienciar, para poñer en valor...
No Día das Bibliotecas lembramos o seu sentido como lugares de encontro coa cultura e o coñecemento, e como lugares de reunión para compartilo.
Este curso o lema "Sempre ao teu carón" ten un significado especial porque tamén en circunstancias difíciles este servizo é imprescindible.
A nosa Biblioteca ofrécevos hoxe un percorrido virtual para coñecela ben e saber usala; entra e explora, da man do alumnado voluntario de 5º, todas as posibilidades que ofrece, e aprende coas actividades que atoparás, para todos os niveis. Adiante!!! Aquí en pantalla completa
Ademais achegámosvos parte dos nosos fondos, variados en temática e formato, para que cadaquén poida utilizar o que lle guste, interese ou necesite, e compartilo en familia. As mochilas viaxeiras sairán hoxe para as primeiras casas.
Para o cumprimento do protocolo sanitario e garantizar a máxima seguridade, gardaremos catro días de descanso entre casa e casa, coa seguinte secuencia:
No hay comentarios:
Publicar un comentario