Mostrando entradas con la etiqueta cartas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cartas. Mostrar todas las entradas

16/3/14

CORREO PARA TIGRE

Correo para Tigre falanos da comunicación, de como os animais inventaron o correo e o teléfono, para enviarse mensaxes e facer así as súas vidas moito máis emocionantes. Trouxonos esta lectura a mamá de Juan, María, para os nenos e nenas de 1º e 2º, que escoitaron moi atentos unha historia chea de entusiasmo e alegría de vivir.







En palabras de María: "Sabedes por que me gustan a min as cartas? Porque as podes ler cantas veces queiras..."

12/3/14

CORRESPONDENCIA CO COCO

Vaia, que pasa cando algún adulto che di que se non comes vén o coco??? O protagonista deste conto fai frente á situación e inicia un intercambio de cartas co coco.  Deste modo tan valente e sen darse conta, descubre outra forma de comer. A comunicación soluciona moitas cousas verdade?
"E leva aos nenos que non comen non", de Geertje Gort, Editorial Edelvives, foi o libro que leu Lucía, a mamá de Nayara, para os nenos e nenas de E. Infantil.
Moi content@s de tela de novo na nosa Biblioteca. Grazas e ata a próxima!

10/2/14

HISTORIA DO CORREO

Dende os tempos máis antigos as persoas sentiron a necesidade de comunicarse cos demais e utilizaron moitos procedementos para facelo cando a outra persoa estaba lonxe. Neste vídeo moi completo verás como foron os comezos do correo e a súa evolución en España ata o día de hoxe. 

          

Para completar información:
LA APARICIÓN DEL CORREO EN EL MUNDO

2/2/14

O NOSO DÍA DA PAZ

E chegou o momento de recibir, e iso nos puxo moi, moi content@s,  con moitas ganas de agradecer as bonitas palabras que outra persoa escribiu para nós: 


Para rematar, o programa de radio, esta vez a cargo da clase de 1º que nos agasallou cun DECÁLOGO de paz:


29/1/14

PREPARANDO O DÍA DA PAZ

A comunicación é a mellor das armas para mellorar a convivencia. Expresar  e tamén escoitar, dúas cousas que andamos a aprender e practicar. Para celebrar o Día Escolar pola Paz escribimos cartas, cartas coas mellores intencións, con mensaxes que mañá recolleremos cada un de nós, sen importar de quen veñan, porque ... a quen non lle gusta recibir unha carta?

 

Hai moitos libros que nos están acompañando nesta tarefa, lecturas para o lecer e para aprender:



E velaquí a canción que escoitamos estes días nas entradas e saídas, coa letra para cantar:

                            

21/1/14

UNHA CARTA DE PAZ

Agora que nos estamos preparando para celebrar o Día Escolar pola Paz recollemos este conto preparado polos nenos e nenas do CEIP Milladoiro de Malpica:  "Marce, o carteiro". 
Agardamos que vos guste o conto e que vaiades pensando cales van ser as vosas mensaxes de Paz.

                 
                 Marce, o carteiro from bemilladoiro on Vimeo.