Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca inclusiva. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca inclusiva. Mostrar todas las entradas

9/5/24

UN NOVO AUDIOLIBRO PARA A BIBLIOTECA

Nerea, alumna de 5º de primaria e voluntaria da biblioteca, gravou na radio escolar o conto "O meu irmono", unha divertida historia escrita polo Hematocrítico.

Un novo audioconto para a nosa biblioteca para achegar a lectura a toda a comunidade.

O noso lema: NINGUÉN SEN LECTURA.

15/3/24

NOVOS AUDIOLIBROS NA NOSA BIBLIOTECA

As voluntarias e os voluntarios da nosa biblioteca non paran!  Estes días están na radio gravando novos audios para algúns exemplares da biblioteca. 

Desta forma, facemos a lectura accesible para todo o mundo e todos e todas podemos gozar cun conto.

O noso lema: NINGUÉN SEN LECTURA!