Chega Samaín e o voluntariado deste curso non para!
Esta vez adaptaron o conto "GUAPA" de Canizales, para facer un teatro negro con luz ultravioleta que foi todo un éxito.
Aquí podedes ver o resultado final:
Hoxe gozamos da actividade "Pasando a bóla, xogando para cambiar". Programa da Xunta de Galicia que trata da prevención do acoso e o ciberacoso escolar.
O teatro é un tipo de texto moi especial, escrito para ser representado. O alumnado de 6º leu e preparou unha obra que nos ofreceu no noso Festival das Letras Galegas, este curso de xeito virtual. Trátase de "Moitomorro Corporation, sociedade ilimitada", de Carlos Labraña. O seu traballo viuse recompensado cunha entrevista co autor, na que puideron saber moitos detalles sobre o teatro e sobre a obra...
Aquí podedes ver o festival completo, con moita poesía, algún conto e pasaxes da vida e obra de Xela Arias, montaxe do noso Equipo de Dinamización da Lingua Galega. O teatro na 2ª metade.
Un grupo dos axudantes da Biblioteca preparou a primeira actividade de animación á lectura para os seus compañeiros máis novos. Lara, Antía, Isaac, Damián, Rubén e Laura atrevéronse a preparar unha pequena obra de monicreques, unha adaptación de "Cucho, Coco e o dilema do seis". Deron vida aos personaxes a partir dun calcetín, traballando na súa casa, e prepararon os diálogos nos seus tempos de recreo.
Roberto Vidal Bolaño, autor de teatro e tamén actor e director, é a quen a Academia Galega acordou adicar este ano o Día das Letras Galegas. Prepáremonos para coñecelo e para falar de teatro.