O teatro é un tipo de texto moi especial, escrito para ser representado. O alumnado de 6º leu e preparou unha obra que nos ofreceu no noso Festival das Letras Galegas, este curso de xeito virtual. Trátase de "Moitomorro Corporation, sociedade ilimitada", de Carlos Labraña. O seu traballo viuse recompensado cunha entrevista co autor, na que puideron saber moitos detalles sobre o teatro e sobre a obra...
...e ademais tiveron a honra de ser presentadas e presentados na súa estrea polo propio autor dentro do programa do festival!
Aquí podedes ver o festival completo, con moita poesía, algún conto e pasaxes da vida e obra de Xela Arias, montaxe do noso Equipo de Dinamización da Lingua Galega. O teatro na 2ª metade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario