Mostrando entradas con la etiqueta Hoxe contamos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Hoxe contamos. Mostrar todas las entradas

30/4/24

Contacontos: "Morto de fame"

Hoxe tivemos un contacontos na nosa biblioteca.

Descubrimos a historia de Draculiño: Un vampiro que non quería probar nin gota de sangue.

Unha fantástica historia do Hematocrítico que rematou cunha canción.

28/1/21

DÍA ESCOLAR POLA PAZ: Á SOMBRA DOS ANACARDIOS

 O alumnado voluntario de 6º envíavos ás aulas esta lectura da Biblioteca. Un libro que fala de cooperación, voluntariado, saúde e desigualdades... pero tamén de esperanza. Agardamos sirva para falar, pensar e coñecer.

 




31/1/20

SOPAS EN PAZ

O noso Día escolar pola Paz xirou arredor do libro "A mellor sopa do mundo". Tartaruga so puxo unha ola de auga a ferver, o resto puxérono os seus amigos, e entre todos conseguiron unha exquisita sopa da que gozaron á caloriña dun fogar. 
Isto foi o que fixemos:
  • Aprender a canción que nos acompañou durante o mes de xaneiro nas entradas e saídas.
  • Lectura de voluntarios e escoita do conto na Biblioteca.
  • Reflexións e escritura de receitas de sopas pola Paz.
  • Elaboración de sopa polo alumnado de E.Infantil.
Cooperación,  ingredientes que suman, o confort dunha boa compañía...é alimento para todos. 




23/1/20

SOPA E CONTOS

Coa auga como base e con ingredientes variados, en todo o mundo e en todos os tempos as sopas e caldos son un alimento moi común e saboroso. E como non podía ser  doutra maneira tamén hai contos nos que aparecen as sopas.
Unha suma de ingredientes e unha boa compañía, en A mellor sopa do mundo.

A canción no libro disco "Máis contos en cantos", de Almudena Janeiro, perfecta para completalo. Aquí interpretada con lingua de signos e coa letra, da EI Abelliñas:


Outro para non perder é o conto popular de tradición oral Sopa de Pedra, do que nos ofrece versión en formato libro Darabuc, co título Sopa de nada


A sopa de pedra ou caldo de pedra é un prato tradicional portugués. Velaquí unha versión do conto:



E outra en castelán para escoitar e ler a un tempo:



Gústavos a sopa?

25/1/19

DÍA ESCOLAR POLA PAZ 2019

Dous equipos  do voluntariado da biblioteca están xa preparando as lecturas que nos presentarán a todo o cole na conmemoración do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Lecturas compartidas, para pensar e conversar. Este é o plan:


Ademais traballamos na preparación en todos os grupos dos nosos Decálogos para xogar en PAZ, de acordo co noso Proxecto deste curso. Pronto poderemos velos polos corredores da escola.


18/5/18

LETRAS GALEGAS, LENDO A Mª VICTORIA MORENO

Alumnado voluntario de 6º deleitounos coa lectura de "A festa no faiado"








 Mentras que nalgunhas aulas  liamos "Mar adiante", mergullándonos nas súas palabras...

 E noutras aulas descubrían poemas en "Eu conto, ti cantas" facendo as súas particulares interpretacións!



5/12/17

DO 25N AO 10D

Contra a violencia de xénero e en defensa dos Dereitos Humanos lemos e traballamos entre estas dúas datas que teñen moito en común. O voluntariado da biblio púxose en marcha preparando lecturas para ofrecernos aos demais, lecturas que invitaron a pensar e conversar:




Rexeitar  e buscar saída a situacións de abuso.




Autoestima dunha ratiña que pasa por un proceso de autocoñecemento e aceptación do seu aspecto.



A valentía de enfrontarse a situacións de violencia e represión das liberdades da persoa.






                                                                   
            



16/5/17

LETRAS GALEGAS: CARLOS CASARES

Chegado o mes de maio, e con el a celebración das nosas letras, a Biblioteca amosa as publicacións do autor homenaxeado este ano, Carlos Casares, para que cheguen ás aulas e sexan lidas e comentadas. O equipo de Normalización e Dinamización Lingüística enriqueceu esta exposición cun fermoso texto: a carta coa que o autor comeza "A galiña azul", dirixida a Ana Lasquetty, unha nena que deixa Galiza sendo moi pequeniña, carta na que Casares lle recomenda "que non se esqueza nunca de que é galega"...

(Preme na imaxe para agrandar se queres ler o texto)

Un grupo dos axudantes da Biblioteca (Samuel, Mara, Carmen e Dani ), leron para todos nós "Lolo anda en bicicleta", utilizando o Kamishibai.

          

O mural colaborativo recíbenos na entrada do centro:



 

25/10/16

NO DÍA DA BIBLIOTECA, AS FABAS MÁXICAS

Esther, Joel e Xeila, voluntarios de 6º, prepararon para nós a lectura de "As fabas máxicas". No Día da Biblioteca reunímonos para escoitar este fantástico conto e a continuación recibir as mochilas viaxeiras, cargadas de novas experiencias lectoras.


 Grazas aos tres por ofrecernos esta sesión de lectura!
Aquí quedan algunhas actividades sobre o conto. 
Velaquí o conto en canción:

          

21/10/16

CHEGA O DÍA DA BIBLIOTECA

O próximo día 24, como tantas veces coa axuda do alumnado voluntario, celebraremos o Día da Biblioteca cunha lectura en voz alta para todo o cole e tamén facendo entrega das mochilas viaxeiras deste curso, que están desexando xa visitar as nosas casas.

19/5/16

HOXE CONTAMOS...O BIGOTE DE MIMÍ

Hoxe un grupo de axudantes da Biblioteca presentaron para todo o cole "O bigote de Mimí", un conto de Manuel María. Levan días practicando, sacando un tempiño para nós, así que moitas grazas!

 Un gato presumido, cazador (ou murador), e mooooi larpeiro...

 Cun bigote moi especial.

 Fiz, o seu dono, argallou unha idea...
 que levou ao desastre a caza de Mimí.

 Menos mal que o barbeiro ten solucións para todo,

 e a cousa rematou ben para Mimí, e para todos os da casa claro.

Deixámosvos aquí esta canción para revivir a historia:

            

1/2/16

DÍA DA PAZ 2016

Durante a pasada semana realizamos as actividades propostas: lectura de imaxes, lectura de noticias e información, expresión oral e escritura de opinións. Expuxemos os nosos traballos para compartir con todos e todas, neles reflíctense ben os desexos de Paz do alumnado despois de coñecer a actual e triste realidade das persoas que sofren as consecuencias das guerras.



Carmen, Mario, Esther e Dani, axudantes da Biblioteca, leron para todos nós "El pez arcoiris".




 O peixiño sentiuse feliz cando compartiu as súas brillantes escamas cos demais peixes. Empatía e  xenerosidade, imprescindibles para a convivencia en paz.  
Rematamos cantando todos xuntos "Apertas que voan" do libro disco "Brinca vai".

26/10/15

SAR, SARELA, E OS MONSTROS DE COMPOSTELA

Aquí deixamos a lectura do Día da Biblioteca para quen queira escoitala de novo. Grazas a Carla, Leticia, Laura, Yeneva, Kevin e Anxo.
                    
                    

22/10/15

DÍA DA BIBLIOTECA: OS MONSTROS DE COMPOSTELA

Un grupo de voluntarios e voluntarias axudantes da biblioteca abrirá este curso as lecturas compartidas con "Sar, Sarela, e os monstros de Compostela" no Día da Biblioteca. No fío da narración daránnos a coñecer as antigas esculturas terroríficas que adornan os tellados dalgunhas construcións en Compostela: as gárgolas.
Investigaremos sobre estas figuras monstruosas para elaborar o noso particular "Bestiario". Ademais de consultar os libros, tamén poden ser útiles estas ligazóns:

           "Camiños a Santiago" será o noso Proxecto deste curso:

2/2/15

APRENDENDO SOBRE A PAZ

Adicamos a semana a investigar sobre distintos aspectos relacionados coa paz no mundo.
O alumnado de 6º na materia de cidadanía interpretou estatísticas baseadas en diversos indicadores de Paz Global, na páxina Vision of Humanity

 Todos os grupos informámonos sobre os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, expoñendo de distintos modos o que pretenden estes obxectivos e en que medida se están acadando (ou non.)


No Día Escolar pola Paz escoitamos o programa de radio escolar, que este mes correspondeu aos nenos e nenas de 4º E para rematar o Día os máis pequenos escoitaron a lectura dramatizada de "Bailar nas nubes", por parte dun grupo dos voluntarios axudantes da Biblioteca:

18/12/14

UNHA DE MONICREQUES

Un grupo dos axudantes da Biblioteca preparou a primeira actividade de animación á lectura para os seus compañeiros máis novos. Lara, Antía, Isaac, Damián, Rubén e Laura atrevéronse a preparar unha pequena obra de monicreques, unha adaptación de "Cucho, Coco e o dilema do seis". Deron vida aos personaxes a partir dun calcetín, traballando na súa casa, e prepararon os diálogos nos seus tempos de recreo.


 Montaron o decorado con cartón e teas e organizaron a sesión



O seu esforzo viuse recompensado coas risas dos pequenos e pequenas.


Cucho e Coco teñen un dilema, seis é moito ou é pouco?
Un dilema é algo moi serio, cousa de maiores...
Como o resolverán?




O importante é que sexa abondo!!!