Mostrando entradas con la etiqueta final proxecto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta final proxecto. Mostrar todas las entradas

18/6/25

EXPOSICIÓN FINAL DO PDI: IMOS FACER HISTORIA


Chegou o día da exposición final.

O noso cole convertiuse nun auténtico museo cheo de historia.

Os visitantes cruzaban pola nosa máquina do tempo para viaxar ao longo de todas as etapas da historia: dende a era dos dinosaurios ata os nosos tempos, pasando pola prehistoria, Antiga Grecia, Antigo Exipto, Imperio Romano, Idade Media e Idade Moderna.

No vídeo poderedes ver un resumo deste fantástico día.

Grazas a tod@s por vir!

12/6/25

EXPOSICIÓN FINAL DO PDI: IMOS FACER HISTORIA

Xa temos todo preparado para a exposición final do noso proxecto documental integrado deste curso 24/25.

"IMOS FACER HISTORIA"

O noso centro estase a converter nun museo onde poderás pasear polas diferentes etapas da historia.

A data será o martes 17 de xuño de 10:30 a 13:30h.



 

16/6/24

FESTIVAL DE CINE DE LEIRADO


Aquí está o cartel do noso festival de cine. 
Estades tod@s invitad@s.
NON FALTES!