Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas

19/5/25

VISITA DAS CANTAREIRAS: PALMIRA DE LIRA E O GRUPO ANTRE AS CANAS

 A semana pasada tivemos unha visita moi especial:

Palmira de Lira viu compartir con nós a súa vida como pandereiteira e contestou a todas as preguntas do noso alumnado.

Tamén nos visitou o grupo "Antre as canas" que acompañou a Palmira e todas xuntas cantaron unhas cancións que enamoraron ao público.

Grazas pola visita!!



28/4/25

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

 ESTE LUNS VISITOU A NOSA BIBLIO PACO NOGUEIRAS! O ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA PUIDO DISFRUTAR MOITÍSIMO DUNHA MOREA DE CONTOS QUE NOS VIU PRESENTAR, TODO ADEREZADO CON MOITA MÚSICA, RITMO, CANTIGAS, RETROUXOS...

ESTES LIBRO-DISCOS, ESTÁN DISPOÑIBLES NA NOSA BIBLIO, COLLÉDEOS A CANTAR E BAILAR!

PASÁMOLO EN GRANDE COS CONTOS MUSICADOS QUE NOS PRESENTOU, MOITOS DELES TAMÉN DISPOÑIBLES NA NOSA BIBLIOTECA







MOITAS GRAZAS, PACO NOGUEIRAS!!  
PASÁMOLO XENIAL E AGARDAMOS QUE VOLVAS PRONTO

12/2/20

O MUIÑO: INTERPRETACIÓN AUDIOVISUAL

O alumnado de sexto preparou esta interpretación do poema "O muiño" de Manuel María, unha colaboración da materia de Lingua Galega coa materia de Música. Mirade:


Podedes ver máis poemas visuais e musicados no blog de 5º e 6º






17/4/18

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

Hoxe recibimos a visita de Paco Nogueiras!!  Da súa man @s máis peques do cole descubriron e disfrutaron con historias coma "Nunú xoga",  "Grisela",  "A horta de Simón" ou "O Coelliño Branco".  Todo isto aderezado coa música dos seus instrumentos e as súas cancións!





 Si queredes ver unha pequena mostra de canto  gozamos coa música e cos contos premede aquí
Paco tamén asinou para nós o seu último disco que xa está na nosa biblio.


25/5/17

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

Esta semana tivemos na Biblioteca ao autor de tantas cancións que escoitamos e cantamos no cole, Paco Nogueiras, que ademais de músico é un estupendo contacontos. Lemos contos e cantamos co seu Brinca Vai, e antes de irse adicou para nós o exemplar da Biblio.





Encantad@s de coñecerte, Paco!

12/9/16

BENVIDA

Benvidas e benvidos á escola, a un novo curso en que conviviremos, compartiremos e aprenderemos.
Para comezar ofrecémosvos unha antiga curta de animación, "Árbores e flores", de Disney, para ver xuntos, comentar... e o que xurda!

            

9/6/16

XORNADAS DE CONVIVENCIA: VOLUNTARIADO DE LECTURA-A

Estivemos en Culleredo, nas Xornadas de Convivencia do Voluntariado de lectura-A, coñecemos ás voluntarias e voluntarios dos demais colexios participantes e con eles compartimos moitas actividades, interesantes e divertidas, que nos mantiveron ocupadísimos durante catro días, tanto que pasou o tempo moi rápido.
Aquí queda unha lembranza en vídeo.
                       
                     


Queremos presentar os libros que trouxemos de agasallo para a Biblioteca, algúns bailes xa os practicamos!




4/4/16

NON HAI BERCE COMA O COLO

Este curso chegou á nosa Biblioteca este libro disco, un  recopilatorio de arrolos tradicionais, magníficamente interpretados.

 Os máis peques do cole levarono á súa clase para ler, escoitar, recitar, aprender... e arrolar!

                   

21/2/15

OS DE SEXTO DÉRONNOS A "MURGA"

O alumnado de 6º e máis o profe de música prepararon unha "murga" para ir cantando e tocando polas aulas na semana do Entroido. Unha maneira de celebrar o Entroido que é tradición en lugares de Andalucía e Iberoamérica: moito ruido, cantos e bromas para alegrar esta festa. Gustounos moito!

         

15/1/15

CANCIÓNS POLA PAZ

Estas son as cancións seleccionadas polo profe de música para o Día escolar pola Paz, que están soando xa estes días para aprender e cantar:

                                                                  
          

7/6/14

CANTANDO E BAILANDO CON SUSA HERRERA

Hai uns días tivemos a sorte de contar con Susa Herrera no noso colexio, unha "inventora de cancións", como ela se definiu. Xa coñecíamos algunhas das súas cancións e voltamos a interpretalas e revivilas con ela.



Cantamos e bailamos co elefante, a xoaniña, o crocodilo... do seu último libro "Cantos animais"

   

  Graciñas Susa por estes momentos tan especiais!

27/12/13

NADAL RIMA CON FESTIVAL

Na casa da Cultura de Leirado, e moi ben arroupados polas nosas familias, celebramos o festival de Nadal o pasado día 20. Un festival cheo de cantigas, bailes, poemas e teatro, onde amosamos o resultado do traballo realizado.
Puidemos ver coreografías baseadas no libro disco María Fumaça, moi moi festeiro e divertido, bailes populares doutros lugares, teatriños onde os personaxes do Belén vivían situacións disparatadas,  escenificación e recitado dunha escolma poética de xogos e arrolos...


Podemos escoitar de novo o recitado de poemas aquí:

14/12/13

FAMILIAS DE INSTRUMENTOS

Na clase de música a profe preparou un recuncho destinado á Biblioteca de aula, para ler, escoitar e investigar.





E así descubrimos outra clase de familias, as dos instrumentos da orquestra: familia VENTO, familia CORDA, familia PERCUSIÓN, que se agrupan de maneira que a orquestra soe mellor!!



Para velo visita o blog de música: conto e vídeo

Aquí vos deixamos un sitio para lembrar os seus nomes, pasando o rato por riba de cada instrumento:

23/4/13

AS MIL E UNHA NOITES

"As mil e unha noites" é unha historia de historias, de tradición oriental, de Persia e a India. A protagonista, Sherezade, consigue abrandar a ira do sultán Schahriar narrando contos e contos, noite tras noite... coa habilidade de deixar sempre a narración sen acabar:
"Nese momento da narración Sherezade viu aparecer a mañá e calou discretamente" 
Son contos cheos de maxia, alfombras voadoras, xenios, viaxes fantásticos, que fan ao sultán exclamar cada noite:
"-Por Alá, que non a matarei ata oir o resto da historia"
Todo isto neste libro-disco de Fernando Palacios, acompañado da música de Rimsky Korsakov:


Sobre el fixeron un traballo os nenos e nenas de 5º e 6º coa profesora de música, que nos presentan a toda a escola hoxe, Día do libro. Música e contos, que mellor para este día.

            

11/3/13

MULLERES COMPOSITORAS

A profe de música convídounos a coñecer a biografía dalgunhas mulleres compositoras, que foron esquecidas e ignoradas ao longo da historia. Lemos sobre María Anna Mozart, Alma Schindler e Clara Wieck, e soubemos que foron xeniais.
  

8/3/13

ONE WOMAN

Coñecemos unha fermosa iniciativa para o día de hoxe, grazas á Biblioteca do IES Lucus Augusti. 
Preme na imaxe, le, infórmate e escoita:

30/1/13

DÍA DA PAZ

Construimos entre todo o cole o poema Cantarola dos nenos, de Xosé Neira Vilas, cada clase deseñou os versos que lle tocaron, versos que soltos non dicían nada, pero que ao xuntalos adquiriron significado. 

   
 E este foi o programa especial  da radio escolar, que fixemos para escoitar neste día:
                                                       

20/1/13

POESÍA E PAZ

Traballaremos este trimestre coa poesía, leremos, recitaremos, cantaremos e escribiremos poesía. Xa sairon dos andeis os libros que as conteñen, e algúns xa rondan polas aulas.



A poesía é un tipo de texto escrito para agradar, xogando coa linguaxe para expresar sentimentos do autor e para espertalos no lector;  teñen ritmo e por iso se poden cantar.
Achegámonos ao libro onde está o poema Cantarola dos nenos, de Xosé Neira Vilas, que andamos a construir entre tod@s en tamaño xigante para o Día da Paz.

E no disco "Rolada das cantigas", de Na Virada, atópase a canción, que pronto saberemos cantar.

                                                        

Nestoutro, "Solaina", de Na Virada, entre outros poemas e cantigas podemos ler e escoitar "A ronda do soldadinho", cantiga portuguesa que trata o tema dos nenos soldado.
E do poeta Nicolás Guillén, o poema "La Muralla" aquí vos deixamos para ler,  e a canción para escoitar:

                                                      

23/4/12

DÍA DO LIBRO

Hoxe, día do libro, un grupo dos axudantes de 6º preparou este programa especial da nosa radio escolar, para celebralo lendo e escoitando: