Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas

17/4/26

OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA CON MARK RITCHIE

 O alumnado de primeiro ciclo e de segundo ciclo tiveron a opotunidades de desfrutar no noso centro dun obradoiro de fotografía creativa co fotógráfo Mark Ritchie.

No mes de abril e durante dous días, os alumnos e alumnas das diferentes aulas foron pasando pola biblioteca para asistir ás súas explicacións e elaborar as súas creacións.

 O alumnado levou máis tarde as fotografías das súas creacións.
 
 

29/10/24

REPRESENTACIÓNS DO OUTONO

O alumnado de 5º de primaria presentamos algunhas das obras artísticas que fixemos grazas as cores e aos recursos naturais que nos deixou este outono. 









10/10/24

OUTONO CREATIVO

 O outono chegou con forza ao centro de Leirado e non podemos deixar de mostrarvos as marabillosas creacións que embelecen os nosos corredores











4/10/24

ARTE PARA LOITAR CONTRA O LUME

Despois de ordear noso espazo na clase adicado a arte, o equipo de sexto decatámonos de que tiñamos un montón de retais de papel de diferentes cores, tamaños e texturas. Que podiamos facer con eles? Como nesta clase somos moi de reutilizar, decidimos crear un collage colectivo. Mans á obra!





A temática do collage tivémola clara desde o principio: amosar noso rexeitamento polos incendios que se estaban dando en Portugal, e tamén o noso apoio e solidariedade co país veciño.



O resultado final expuxémolo no exterior da aula, para que fora accesible ao resto de clases do cole.


13/5/24

ONOMATOPEIAS EN 3D

 O alumnado de terceiro comezou a estudar a banda deseñada e aprenderon que os sons que fan os animais chámanse onomatopeias. Tamén aprenderon que na banda deseñada sobre todo cando saen superheroes, os sons de golpes ou cousas que rompen, entre outros representanse tamén con onomatopeias. 

Na aula de educación artística, cada alumno elixiu un son para representalo e convertilo en 3D. Aquí vos deixamos o resultado.



21/3/24

CHEGOU A PRIMAVERA A TERCEIRO

 Pois si, chegou a primavera!

O alumnado de terceiro gústalle moito usar as acuarelas pero aínda están aprendendo a expandir as cores. Cousa nada doada porque non é acrílica nin témperas. Este foi sen dúbida un bo momento para practicar.

E para conmemorar o comezo da primavera que mellor debuxos que flores para decorar.

17/1/18

PROPOSTA DÍA DA PAZ: ESCULTURA

Elaborar unha escultura pola Paz será a próxima misión do noso proxecto deste curso. Antes de nada haberá que documentarse e inspirarse. 
Facer unha busca na rede das esculturas pola Paz que existen en diferentes lugares pode ser un bo comezo.
Pero se ademais vos queredes inspirar nun escultor moi orixinal, dende a Biblioteca propoñemos coñecer a obra de Alexander Calder.
Buscade este libro, recén chegado á nosa Biblio:
         
        

E neste vídeo coñeceremos a este artista e a súa obra: 

      

 As nosas esculturas deberán ter un título, nome dos autores/as e unha breve explicación do que queremos comunicar con ela.


3/11/17

QUE É A ARTE??

Era a nosa primeira misión deste proxecto: mirar, pensar... e plasmar as nosas ideas en imaxes e palabras para contestar a esta pregunta.   E vaia se xurdiron cousas!
Aquí están os traballos de todas as aulas, decorando a entrada do cole:

QUE É A ARTE? on PhotoPeach

25/10/17

XORNADA ESCORNABÓTICA E ARTÍSTICA

Na nosa biblio estamos de estrea!!! Inauguramos a nosa "ROBOTECA", un recuncho no que  atopamos recursos para fedellar, pensar e crear coas nosas mans.   O Pacho Librín robotizado encargarase de custodiar o noso tesouro máis prezado:  4 escornabots cos que neste curso argallaremos unha morea de actividades.

 No Día da Biblioteca, todos os grupos coñecemos e experimentamos cos Escornabots, realizando actividades relacionadas co mundo das artes, entrando en materia do noso proxecto deste curso. So hai que ver as imaxes para darnos conta do interese que espertou a experiencia.

            Relacionamos e emparellamos actividades artísticas con diferentes criterios segundo a idade: cores similares, imaxes entre sí, imaxes con nomes, nomes con definicións.

7/4/17

ARTE NA BIBLIOTECA

Comezamos as actividades de abril con arte, coa exposición dos traballos dunha nai da escola que nos deixou abraiados co seu talento. Patricia Vilas di que pinta por afición e que sinte predilección polo retrato, iso comentou co alumnado de 5º, con quen mantivo unha pequena entrevista.
A exposición estivo aberta a toda a comunidade educativa durante unha semana.
No seguinte vídeo resumimos a actividade, podemos admirar parte dos traballos de Patricia e ver o interese que espertou nos visitantes.

17/11/16

PINTURA E ILUSTRACIÓN PARA O PROXECTO

Selección de obras relacionadas co proxecto deste curso. Convidámosvos a observar, comentar, imitar... saborear a arte: