Despois de ordear noso espazo na clase adicado a arte, o equipo de sexto decatámonos de que tiñamos un montón de retais de papel de diferentes cores, tamaños e texturas. Que podiamos facer con eles? Como nesta clase somos moi de reutilizar, decidimos crear un collage colectivo. Mans á obra!
A temática do collage tivémola clara desde o principio: amosar noso rexeitamento polos incendios que se estaban dando en Portugal, e tamén o noso apoio e solidariedade co país veciño.
O resultado final expuxémolo no exterior da aula, para que fora accesible ao resto de clases do cole. .
No hay comentarios:
Publicar un comentario