Mostrando entradas con la etiqueta recursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recursos. Mostrar todas las entradas

31/3/23

2 de abril: DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

O 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, unha fecha instaurada polas Nacións Unidas para visibilizar e contribuir a promover o exercicio efectivo dos seus dereitos.

Dende a biblioteca presentamos estes recursos para traballar este día nas aulas e dende casa:

18/11/19

DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro de 1989 aprobábase na ONU a Convención dos Dereitos da Infancia, ampliando a 54 artigos os Dereitos aprobados no ano 1959. Pero aínda queda moito por facer nalgúns paises ao respecto. Podes ler toda a historia aquí.


UNICEF propón este ano especial a Campaña Educa dando alas, poñendo en valor a participación e a opinión dos nenos e nenas na construción dunha sociedade máis xusta. 


Deixamos aquí tamén os recursos de Rayuela.org 



E  un cartaz para descarga co resumo en dez dereitos, en galego, do Valedor do Pobo.
Agardamos que collades moitas ás neste curso e fagades valer o voso dereito a participar e opinar!

14/10/19

RECURSOS PARA O PROXECTO

Para comezar as nosas investigacións do proxecto abrimos dende a Biblioteca unha selección de recursos na rede, que iremos completando coas aportacións de todas e todos. 



Lembremos os pasos a seguir, con esta clara infografía da BE Canosa Rus.


E por suposto, os libros


4/5/18

INTERPRETAR OBRAS DE ARTE

Despois de todo un curso en contacto con moi diferentes manifestacións artísticas, sendo xa case expertos e expertas, deixamos aquí esta guía para ler obras de arte e poder comentalas do xeito que cadaquén prefira. Ánimo LeirARTISTAS!

5/11/17

RECURSOS LeirARTE

Ademais de libros, imos recompilando recursos na web, de información para as nosas seguintes misións do proxecto, videos, cancións e actividades diversas. Entre todas seguiremos completando.
Ide botando unha ollada!

    
Para ver en grande pincha AQUÍ.

27/9/16

QUEN SEMENTA, RECOLLE: COMEZAMOS

Hoxe chegaron ás aulas as cartas de Pacho. Xa temos cadaquén a súa misión, debemos prepararnos para cultivar a nosa horta cando chegue o momento. Primeiro necesitamos saber moito. Explorade nestas ligazóns e nos libros da Biblioteca. Ánimo! 
Pincha aquí para ver máis grande.


10/4/16

DON QUIJOTE, UN CABALEIRO ANDANTE

O 23 de abril de 1616 falecía o escritor Miguel de Cervantes, unha das razóns pola que ese día foi elixido para conmemorar o Día Mundial do Libro. Este ano, por ser o 400 aniversario non podemos deixar de facer un achegamento a este autor e á súa obra mundialmente coñecida, El Ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha.
Deixamos aquí algúns recursos para traballar nas aulas esta obra, á que adicaremos tamén un tempo das nosas actividades de "Abril, mes dos libros".
O comezo:

                   

Recompilación de actividades de Ana Martínez (aulatic).

http://aulatic.edu.glogster.com/quijote

https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/QUIJOTE/quijote.html

 E por suposto, os libros dos que dispoñemos na nosa Biblioteca.

23/2/14

VIVIMOS EN SOCIEDADE

Vivimos na nosa casa, e coa nosa familia. Pero á beira da nosa casa hai outras casas, as dos veciños. Con eles compartimos barrio e parroquia, que conxuntamente con outras parroquias forman o noso municipio. A nosa vida en común está organizada, para o benestar de todos, e compartimos os servizos públicos.
Achegamos algúns recursos na rede para coñecer mellor o noso entorno e como se organiza a vida social.








 Para os máis peques:


20/11/13

DEREITOS DA INFANCIA

No Día Universal dos Dereitos da Infancia lembremos: protección e afecto, educación, saúde, liberdade, igualdade... son imprescindibles para medrar felices e convertirnos en persoas adultas que poidan convivir nun mundo mellor e máis xusto.

                            

Para saber máis:


Canción sobre os Dereitos da Infancia, pertencente á película de animación "El extraordinario viaje de Lucius Dumb", que coñecimos a través de Biblioabrazo:  

         

Rescatamos hoxe o lema "Vive e deixa vivir" , Hakuna Matata, da película "El rey león":

         

   

26/10/13

DÍA DA BIBLIOTECA

Celebramos o Día da Biblioteca pasando por ela todos e todas realizando actividades ao longo da xornada escolar, diferentes segundo os niveis. Parabéns profes, nenos e nenas, polo excelente cumprimento do programa. 

    

Presentamos o Proxecto de centro con que traballaremos este curso, entregando un agasallo: un marcapáxinas para Primaria e outro para Infantil.
"Vivir xuntos" será o tema xeral;  para comezar, este trimestre  adicarémolo a coñecernos a nós mesmos e ás persoas máis próximas, e a compartilo cos demais. Como nós somos importantes, somos merecedores de ser protagonistas da nosa propia historia:


14/2/13

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Disfrazámonos de froitas e hortalizas, alimentos saudables: tomates, cereixas, amorodos, cenorias, ervillas, verzas e piñas. Ainda que o día estivo un pouco frío desfilamos contentos, fixemos a nosa coreografía e vimos as actuacións dos outros coles. Un día saboroso. Podes ver máis imaxes na galería do cole e  o vídeo en A Nube da Lingua.


Para seguir aprendendo sobre as froitas e hortalizas e os seus beneficios, a Biblioteca ofrécevos unha selección de libros e outros recursos para todas as idades e intereses. Tamén hai un apartado de xogos!


25/11/12

OUTRO XERADOR DE CÓMIC

Acabamos de coñecer unha nova ferramenta para crear cómic, a través de Leer.es (vía facebook): Trátase de Storyboard That, moi sinxelo, que permite crear unha tira ou dúas tiras, a elixir. Pódese imprimir, gardar a imaxe ou directamente incrustar no blog ou web. A Biblioteca xa está rexistrada. A probar!!


22/10/12

PARA FACER UNHA HISTORIETA

Con este sinxelo xerador de cómic, poderás facer unha historieta e gardala despois ou imprimila:



E tamén nesta páxina, máis completa (hai que rexistrarse):


7/10/12

ACTIVIDADES CON CÓMIC

Na páxina "Materiales de Lengua y literatura", atopamos información en vídeo sobre a Historia do cómic, os compoñentes  e o seu uso. Tamén suxerencias de pasos a seguir para crear unha historieta. Unha boa aportación desta excelente páxina.

E neste outro enlace dispoñemos de actividades variadas para realizar arredor do cómic. 

                            


1/10/12

COMEZAMOS CON CÓMICS

Para  entrar en contacto co mundo do cómic, deixamos esta presentación, da Biblioteca do CEIP López Ferreiro, onde obteremos información sobre este tipo de texto e as súas características:

26/5/12

LINGUAXE PUBLICITARIA

Se queredes incluir publicidade nos vosos noticieiros, hai que coñecer as características deste tipo de textos, que teñen a intención de convencer das boas cualidades dun producto. 
Para saber:

 

 E para practicar facendo os teus propios anuncios:




24/5/12

EN BUSCA DA NOTICIA

Engadimos algúns recursos sobre os medios de comunicación para completar información. Esperamos ver e escoitar pronto esas noticias que andades a procurar.
Para Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria, unhas actividades lim:


Para os demais:

Moitas noticias para todos/as en "La voz de la escuela".

Acontece na comarca.

 Documental sobre como se fai un xornal:

                         

22/1/12

DÍA ESCOLAR POLA PAZ

Preto xa do Día Escolar da Non violencia e a Paz, e para os traballos desta semana, reunimos estes recursos: vídeos das cancións que a profe Maite seleccionou para vós, libros da biblioteca e páxinas de actividades para facer, ler e aprender Cultura de Paz: