Mostrando entradas con la etiqueta tradición oral. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tradición oral. Mostrar todas las entradas

13/5/22

LENDAS DA NOSA RUTA

 Cada curso estivo traballando coa tradición oral de aqueles lugares que visitaron. Leron lendas e seleccionaron aquelas que lles pareceu máis apropiada para despois facer un audio-libro con ilustracións creadas por eles.

Algunhas das lendas foron as seguintes:

- 1º: "O mapuche sen sombra", de América do Sur.

- 2º: "O monstro do lago Ness", de Europa.  

- 3º: "A princesa e a toupeira", do Cáucaso.

- 4º: "O nacemento do dragón", de China.

- 5º: "Porque o morcego voa de noite", "A ave máxica que enfeitizaba co seu canto", "A tartaruga e o leopardo", "A sorte" e "A viaxe de Ilombé", de África.

-6º: "A orixe dos ventos" e "A muller do búfalo branco", de América do Norte.


E estes foron os resultados despois de gravar os audios, facer as ilustracións e montar os audiolibros.

Clica na imaxe para ver os audio-libros.

 

26/4/22

CONTOS DE SEMPRE

 Na escola dentro do noso proxecto deste curso, estivemos traballando as lendas do mundo e para ir preparando a nosa volta a Galiza, agora  tocoulle a quenda ás de Galiza.

 Con motivo do día do libro os Axudantes da Biblioteca de 5º e 6º quixeron agasallarnos con varios contos e lendas de Galiza e tamén de Portugal, que de tanto acompañarnos, xa parecen nosas.

Esta é a nosa mostra para celebrar o día do libro.

30/7/21

ELAS E NÓS: OBRADOIRO CON LORENA PINHEIRO

Antes de rematar o curso aínda puidemos materializar este obradoiro pendente. Lorena fíxonos ver como podemos achegarnos á nosa cultura a través das historias contadas, a maioría delas en poder das nosas mulleres de máis idade, ás que ela denomina Tesouros Vivos:


Escoitámola, xogamos con refráns, ditos, adiviñas, cantigas, contos...logo escollemos o noso "tesouro vivo" para entrevistar e compartimos os nosos achados cos demais.




 Rematamos cunha sesión moi festeira!


Lede aquí o resumo que Lorena fixo da actividade: