Na casa da Cultura de Leirado, e moi ben arroupados polas nosas familias, celebramos o festival de Nadal o pasado día 20. Un festival cheo de cantigas, bailes, poemas e teatro, onde amosamos o resultado do traballo realizado.
Puidemos ver coreografías baseadas no libro disco María Fumaça, moi moi festeiro e divertido, bailes populares doutros lugares, teatriños onde os personaxes do Belén vivían situacións disparatadas, escenificación e recitado dunha escolma poética de xogos e arrolos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario