12/5/12

FESTIVAL DAS LETRAS

Despois de dúas semanas de celebración das Letras Galegas, coas actividades programadas polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, e despois de coñecer a figura de Valentín Paz Andrade, remataremos, coma sempre, co noso festival.
Podemos adiantar que no programa disfrutaremos da representación, a cargo de compañeiras e compañeiros de distintos niveis, de varias obras de autores galegos, das que vos podedes ir informando:
Teatro:

"Restaurante Farruco", de Chus Pereiro


"El-Rei Artur e a abominable dama", de Marilar Aleixandre con membros da compañía Títeres Cachirulo.

Poesía:



Recitado de poemas de Rosalía de Castro, da que este ano celebramos o 175 aniversario.

E ademáis... música e cancións. Divertirémonos, seguro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario