19/2/17

APRENDENDO SOBRE A LINGUA DE SIGNOS

A nosa ANPA agasallounos con esta actividade que nos achegou  esta outra forma de comunicación entre persoas. Mergullámonos nela da man de Nandaz e as súas intérpretes, Eva e Patricia, da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.
Descubrimos un mundo de significados a través da lingua de signos española (LSE), como  o noso corpo pode dicir todo sen usar a voz. Aprendimos como dirixirnos a unha persoa xorda e como é o seu día a día. E sobre todo vimos que as diferenzas entre persoas sempre aportan enriquecemento.
Pasámolo xenial. 

            

No hay comentarios:

Publicar un comentario