Nesta semana de celebración do día mundial da poesía, temos o pracer de volver contar cun exemplar dun libro perdido: "Os soños na gaiola" de Manuel María. Nel atopamos poemas de sempre, vellos coñecidos, dos que eliximos "O río", xa que sobre o río andamos a traballar.
Escoitádeo cantado por Suso Vaamonde:
O río pasa correndo A todos di seu cantar
non se para con ninguén. con escuro e claro son,
O río canta pras cousas ¡a todos di seu cantar,
e canta pra min tamén. anque llo escoiten ou non!
¡O río canta pras arbres Non lle preguntes ao rio
paxareiras da ribeira! a onde vai, de onde ven.
¡O río canta pros prados ¡O río pasa correndo!
e pras nubes viaxeiras ¡O rio non se entretén!
O rio pasa correndo
nunca deixa de pasar.
¡Vai dicindo a súa canción
e non se pode parar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario