No mes de decembro realizamos os primeiros clubs de lectura do curso.
O alumnado de 5º e de 6º gozaron dunha xuntanza moi divertida na que falaron sobre os libros lidos e tomaron unha rica merenda ao mesmo tempo.
En 6º de primaria falaron sobre o libro de Agustín Fernandez Paz chamado "desde unha estrela distante".
Por outra banda, as rapazas e rapaces de 5º de primaria falaron sobre o libro "Xoeliki, as aventuras dun ciberpirata" de Abraham Carreiro.
Tamén fixeron unhas chapas cos logo dos clubs de lectura: os pelagatos e os pescalibros!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario