A pasada semana tivemos un obradoiro moi interesante na nosa biblioteca.
Todo o alumnado do centro coñeceu a nova cortadora láser e tamén recibiu unha pequena formación para saber como se usa e que cousas podemos facer con ela.
A formación estivo adaptada para as diferentes idades do noso alumnado.
Os máis pequenos recibiron unha explicación moi simple de que é este novo aparato e para que sirve. A continuación, deseñaron algo para que o puideran pintar e levar para casa.
Para os maiores do cole, a fomación xa foi algo máis complexa. Eles coñeceron os programas de creación e edición para poder así crear os seus propios materiais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario