O pasado mes de marzo comezamos enredando coa poesía de moi variadas formas, relacionada coa auga porque tamén en marzo é o Día Mundial da Auga.
Ademais propuxemos realizar actividades na semana da prensa tamén relacionadas coa auga: busca e reescritura de noticias.
Pero as circunstancias da alarma sanitaria fixeron que tiveramos que quedar a medias no desenvolvemento destas actividades. No blog do noso proxecto Somos Auga quedan algunhas mostras do traballo realizado coa POESÍA e coa PRENSA ata ese momento.
E así comezábamos as primeiras obras creativas a partir de poemas...
Pero seguiremos en canto poidamos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario