25/6/26

NON COMPARTAS A MERENDA!

 O alumnado de 5º de educación primaria en proxecto competencial este curso estivo investigando e aprendendo sobre as alerxias e as intolerancias. 

Ao fina do primeiro trimestre presentaron as súas pesquisas nun mural expositivo para todo o centro. 


No segundo trimestre decidiron elaborar unha campaña para que no cole non se comparta a merenda dado que pode haber alguén alérxico no centro. Con isto en mente crearon unha historia e a plasmaron nun vídeo/campaña que vos mostramos a continuación. Todo o centro foi invitado a velo. 



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario