Un vello libro que rescatamos dos andeis para amosalo no recuncho da Roboteca. A encargada de lelo foi Begoña, a mamá de Fins. Segundo nos dixo escolleuno porque o protagonista é un neno moi curioso e observador, que se fai moitas preguntas e que tivo a iniciativa de montar o seu propio robot, un bo exemplo sen dúbida.
Un pracer recibir a Begoña na nosa biblio. Moitas grazas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario