
Preparándonos para cultivar a nosa horta, hoxe no colexio compartimos o que investigamos e aprendemos cos compañeiros e compañeiras das outras clases. Uns recolectamos sementes recollidas dos froitos das hortas das nosas casas, outros investigamos sobre as características do solo e os seus coidados, ou sobre a compostaxe que andamos a facer.
As mestras do equipo TIC prepararon este blog, para que todos e todas vaiamos compartindo o noso traballo durante o curso, así que atent@s ao que se vaia publicando e animádevos a comentar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario