El di que é un carballo, que naceu dunha landra e medrou nunha bota... Anxo Moure chegou a Leirado dende a súa terra de Chantada, na provincia de Lugo. Chegou e encheu de vida a nosa biblio facéndonos sentir árbores ou paxaros, aloumiñados polos ventos ou polas augas do Miño. Deixounos quedar moitas ganas de coidar este noso planeta e de loitar contra as inxustizas e desigualdades que nel habitan. Grazas Carballo con Botas, por estes momentos máxicos e polas túas mensaxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario