Hoxe o alumnado de 6º estivo conversando con Héctor Cajaraville sobre o seu libro "Kusuma". Moitos temas para pensar e falar, que se atopan ao longo desta historia, dos que xa nos decataramos, ou non, estiveron presentes, para revivir a lectura e para seguir reflexionando. Tamén nos interesamos pola actividade do escritor, o proceso, a ilustración e outras curiosidades que tiñamos.
Agradecemos esta oportunidade e agasallamos ao autor con este podcast, froito dun traballo de aula neste abril, mes dos libros:
Moitas grazas, encantoume! Nunca me fixeran unha publicidade tan boa dalgún dos meus libros... :)
ResponderEliminar