16/6/17

O CONTO DA MIÑOCA

O alumnado de 1º de Primaria na súa investigación sobre as miñocas tamén ideou un conto, un conto acumulativo onde a protagonista fai un percorrido que logo anda ao contrario ata conseguir o seu fin. Deste xeito cada un fixo o seu contiño redondo para poder contarllo a quen queira escoitalo.


15/6/17

FALANDO DE LECTURAS

O alumnado de 4º comparte connosco o seu traballo de animación á lectura sobre o libro que leron na aula, "Teño uns pés perfectos" de María Solar:
          
        

E Diego, Amalia e Nahir, de 2º tamén tiñan reservadas unhas recomendacións, atendede!

          

14/6/17

E SEGUIMOS LENDO COAS FAMILIAS...

Quen pasou pola Biblioteca ultimamente?
Pois a irmá de Olalla e o papá de Izan, de E. Infantil, en dúas sesións da Hora de Ler ben interesantes, con Frederick e  con Pirracas e as patacas:

 E acompañou ao alumnado de 3º e 4º Mónica, a mamá de Miriam, que como nos tiña prometido, veu ler O can Rin e o lobo Crispín, con monicreques de calcetín feitos por ela. Iker axudoulle a pasar as páxinas.

 GRAZAAAS!

12/6/17

OBRADOIROS PARA O VOLUNTARIADO

A Consellería de Educación, a través da convocatoria de Voluntariado de Lectura-A ven de agasallarnos con dous obradoiros para o noso alumnado voluntario, polo seu traballo ao longo do curso: Lectura Expresiva e Narración Oral, a cargo de Charo Pita.
Así se desenvolveron estas actividades, unha oportunidade de luxo da que aprendemos e gozamos nunha xornada moi divertida.

         

8/6/17

QUE FAI FALTA?

As nenas e nenos de 3 e 4 anos presentan Que fai falta? de Gianni Rodari, un album ilustrado por Silvia Bonanni, que nos fai entender que as plantas nos dan máis cousas do que pensamos...

         

28/5/17

O SEÑOR RAMÓN E A SEÑORA RAMONA

O papá de Sara e Olga veu contarnos este conto que parecía "un pouco de medo" porque na casa do señor Ramón e a señora Ramona escoitábase un estraño ruído..., eles non son capaces de durmir e teñen que resolver o misterio.

http://www.oqo.es/editora/gl/content/o-se%C3%B1or-ram%C3%B3n-e-se%C3%B1ora-ramona 




Moi agradecidos, Óscar, por compartires estes momentos connosco.

25/5/17

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

Esta semana tivemos na Biblioteca ao autor de tantas cancións que escoitamos e cantamos no cole, Paco Nogueiras, que ademais de músico é un estupendo contacontos. Lemos contos e cantamos co seu Brinca Vai, e antes de irse adicou para nós o exemplar da Biblio.





Encantad@s de coñecerte, Paco!

23/5/17

ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

A nosa escola acaba de entrar no Proxecto Escornabots na Biblioteca Escolar; hoxe as mestras estivemos coñecendo o proxecto e os pequenos robots da man da profe Noa. Comezamos un percorrido de aprendizaxe con este novo recurso que agardamos sexa motivador e útil para o noso alumnado.

       

16/5/17

LETRAS GALEGAS: CARLOS CASARES

Chegado o mes de maio, e con el a celebración das nosas letras, a Biblioteca amosa as publicacións do autor homenaxeado este ano, Carlos Casares, para que cheguen ás aulas e sexan lidas e comentadas. O equipo de Normalización e Dinamización Lingüística enriqueceu esta exposición cun fermoso texto: a carta coa que o autor comeza "A galiña azul", dirixida a Ana Lasquetty, unha nena que deixa Galiza sendo moi pequeniña, carta na que Casares lle recomenda "que non se esqueza nunca de que é galega"...

(Preme na imaxe para agrandar se queres ler o texto)

Un grupo dos axudantes da Biblioteca (Samuel, Mara, Carmen e Dani ), leron para todos nós "Lolo anda en bicicleta", utilizando o Kamishibai.

          

O mural colaborativo recíbenos na entrada do centro:



 
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...