19/5/11

UN ESCRITOR VECIÑO

Recibimos na nosa Biblioteca a Antonio Alonso Fontán, veciño de Meder. Escribiu un libro sobre as parroquias de Salvaterra, presentounolo aos nenos e nenas de 2º e 3º ciclo e deixou un exemplar para o noso colexio. Falounos do porqué da celebración das Letras Galegas e da importancia de falar e escribir en galego para conservar a nosa cultura.
Pero ademais, Antonio, que é moi maior, falounos de cando era neno, e dos poucos libros que había na súa escola da aldea de Meder... Lembrou a "Balbino", o personaxe de Neira Vilas, por semellarse moito a sí mesmo e moitos outros nenos daquela época. Aconsellounos ler e escribir moito e aproveitar a bonita Biblioteca que temos.
Ademais, Antonio tamén fai poesías e leunos algunha. Finalmente deixou unha fermosa lembranza no noso libro de visitas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...