2/6/11

CON ANA Mª FERNÁNDEZ

Os nenos e nenas de 3º e 4º estivemos coa autora do libro que lemos na clase "Poemas que me cantou o grilo", Ana Mª Fernández. Díxonos que para facer poesía hai que observar moito o que nos rodea e plasmar o noso sentimento en palabras. Tamén nos dixo que os poemas teñen que ter ritmo, coma se puidesen ser cantados.
Leunos unhas poesías das que anda a compoñer ultimamente e nós recitámoslle algunhas das que nos lembramos, e ata lle regalamos un libriño coas que fixemos na clase e un marcapáxinas.


2 comentarios:

  1. Elena20.6.11

    Eu estou nesa clase e encantoume coñecer a Ana María

    ResponderEliminar
  2. sandra21.6.11

    Eatuvemos muy contentos cando chegou Ana Maria pra decirnos cando fixo o libro de Poemas que me cantou o grilo e decirnos cales eran os nosos animales faboritos e se nos gustaban as poesias.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...