24/6/14

ATA O PRÓXIMO CURSO

Remata o curso e é momento de despedidas, de descanso e de lecer. Levamos connosco todo o vivido, aprendido e compartido, e unha bolsiña de libros para o verán.
Dicimos un ATA SEMPRE ao noso grupo de 6º, colaboradores responsables e puntuais durante este curso, voluntarios e voluntarias que nos acompañaron con entusiasmo na Biblioteca e na lectura. Moitas grazas, foi un pracer!




Este verán lucirán esas camisetas que chegaron de Compostela, lembranza da experiencia.



Os lectores e lectoras que máis libros levaron á casa este curso tamén recibiron unha mención especial e agasallo:



E o noso libro de visitas foise enchendo coas sinaturas da Familias Lectoras, que trouxeron moitas historias á nosa biblio.


DEIXÁMOSVOS AS NOSAS RECOMENDACIÓNS 

BO VERÁN!!

2 comentarios:

  1. Marta27.6.14

    Foi un pracer ser axudante da biblioteca.
    Sorte aos seguintes axudantes è feliz verán!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...