19/12/14

BOLSAS DE VACACIÓNS

Os préstamos de vacacións son un excelente recurso para non perder contacto coa Biblioteca cando non hai clase. Pode ser que nos agasallen con libros e películas este Nadal, ou que teñamos ainda libros sen ler na casa, pero acudir á Biblioteca sempre é un valor engadido nas nosas aprendizaxes e no desenvolvemento da autonomía e das habilidades como lector ou lectora:




buscar nos andeis, conversar sobre os libros, facer uso do noso carné, coidar os libros que son un ben común... axudar e pedir axuda



 e medrar como cidadáns activos e responsables.


 FELICES VACACIÓNS E BOAS LECTURAS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario