23/5/11

APRENDEMOS SOBRE A VIDE E O VIÑO

Como todos os anos o Equipo de Normalización e Dinamización lingüística propón unha investigación e exposición relacionadas con temas da nosa cultura e tradicións. Este ano foi o cultivo da vide e o viño, con tradición e prestixio recoñecido na nosa comarca.
Buscamos información, redactamos traballos, trouxemos obxectos para a exposición, e finalmente visitamos unha adega próxima, A Fillaboa. Na visita comprobamos que a forma de facer viño non é igual ca das nosas casas, é máis mecanizada pois traballan con grandes cantidades de uvas. Falamos de toneladas de uvas e de hectáreas de terreo, vimos os grandes recipientes que albergan moitos litros de viño e como se controla a temperatura necesaria para o proceso de elaboración. Aprendemos e pasámolo ben.

           

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...