Pero ademais, Antonio, que é moi maior, falounos de cando era neno, e dos poucos libros que había na súa escola da aldea de Meder... Lembrou a "Balbino", o personaxe de Neira Vilas, por semellarse moito a sí mesmo e moitos outros nenos daquela época. Aconsellounos ler e escribir moito e aproveitar a bonita Biblioteca que temos.
Ademais, Antonio tamén fai poesías e leunos algunha. Finalmente deixou unha fermosa lembranza no noso libro de visitas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario